iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
In The Corner 4i2f1c
Por Radiofusión
92
220
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro 6p4vq
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro
In The Corner 13 de maio de 2022
Episodio en In The Corner
Intenso programa dedicado inicialmente á crise do Deportivo, co récord histórico negativo de Llorente, que en Mareo acumulou a terceira derrota consecutiva do equipo, primeira vez que isto sucede en Segunda División. O outro lado da crise está dentro do vestiario, coas acusación de racismo contra o técnico, que terán que determinar, cando menos en primeira instancia, os mandatarios do club. O terceiro capítulo foi a breve análise do partido contra o Logroño, que vai ter lugar, como o resto dos que falten na casa, en Riazor. O resto do programa tivo que ver con celebracións. Primeiro entrevistamos a Luís Teviñiño, tecnico do Viajes Interrías, para rememorar e valorar o ascenso do seu equipo. A continuación, no apartado de fútbol autonómico, logo do breve repaso á nova xornada, tanto en Primeira como en Segunda (últimas eliminatorias de ascenso), tivemos no mocrófono a Gabi Couñago, técnico do Lóstrego, que xogará na próxima campaña en Primeira Nacional. Finalmente, na sección “as emigradas”, metímonos no autobús do Alhama, de viaxe a Pozobranco, onde pode ascender a Primeira División española, para falar con Andrea Carid, a compostelá que vive outro momento importante da súa carreira co equipo murciano.
01:10:20
In The Corner 6 de maio de 2022
Episodio en In The Corner
O Deportivo, na peor situación da temporada, afronta un partido en Mareo contra o penúltimo clasificado. Falamos do partido contra o Espanyol, analizamos o partido contra o Sp. Gijón e a situación do equipo a través de tres cortes da rolda de prensa que onte fixo Miguel Llorente. No repaso que facemos á rematada Primeira Nacional, entrevistamos a Alba Barral, segunda capitá do Victoria de Santiago. O equipo da capital, nun final de campaña case perfecto, salvou a categoría no derradeiro partido. Por último, comentamos a nova xornada en Primeira Galega, tanto dos que corren atrás do Lóstrego, procurando un hipotético segundo ascenso, como os que fan por non baixar. No estudio estivo Natala Veiga, a capitá do Amistade de Meirás, coa que falamos dos partidos de ida da eliminatoria final de ascenso en Segunda Galega, centrándonos no partido que o seu equipo xoga en Noia o próximo domingo. Foto. Natalia Veiga (c) EF Amistade Meirás
01:06:32
In The Corner 29 de abril de 2022
Episodio en In The Corner
50 son os programas emitidos de In The Corner, o do fútbol feminino galego. Rematada a competición na Primeira Nacional, entrevistamos a David Ferreiro, técnico do Sárdoma pois, malia que pareza paradoxal, é o único galego da categoría que aínda está a xogarse estar na próxima Terceira División, logo de ficar como o sétimo terceiro. Analizamos o xogo do equipo, a evolución do técnico nestes anos e de como se consigue gañar o respecto que el ten nos vestiarios. Deportivo e Espanyol xogan un partido importantísimo no contexo das estreitas marxes que manteñen sete equipos. Sete cadros, que nun partido poden pasar de ser primeiros e subir á máxima categoría, estar entre o segundo e o quinto, para ganrantir a permanencia, a ser o sexto ou o sétimo, tendo que pasar por unha perigosa eliminatoria de permanencia. Quen mellor que unha galega con corazón espanyolista, Anair Lomba, para falar do partido de Abegondo. Logo de facer un repaso ás dúas categorías autonómicas, chmamos ao número doutra das nosas emigradas, Mery Gómez, na actualidade no Parquesol, coa que conmemoramos o ascenso do seu ex equipo, Viajes Interrías, e falamos da súa aposta por ser profesional do fútbol, da realidade do fútbol feminino nunha capital como Pucela, na que deu tantas reviravoltas (Castilla, Rondilla, Valladolid e Parquesol, todo nestes 22 anos) e, por suposto, do Deportivo-Espanyol, contra os que se enfrontou.
01:04:17
In The Corner 22 de abril de 2022
Episodio en In The Corner
In The Corner centrouse na decisiva xornada final do grupo I de Primeira Nacional. Tres equipos galegos vivirán un momento decisivo. Viajes Interrías e Sárdoma, por estar na nova Terceira División 2022/23, acompañando ao Friol, e o Victoria de Santiago, que recibe ao Mos, esperando superar ao Sp. Gijón B, que xoga en León, para estar na nova Primeira Nacional, que será o cuarto chanzo do fútbol español. Un chanzo por riba, o da Segunda División, é o do Deportivo, que xoga en Valladolid contra o Pradejón. A fin de semana será a do comezo da fase de ascenso en Segunda Galega. Doce enfrontamentos a un partido comezarán a deixar evidencias de quen serán os tres ascendidos no mes de maio. Chamamos á porta de Míriam Ríos, a nosa emigrada do R.U. Tenerife, que sempre estará no noso imaxianario como a María Pita do deportivismo. Finalmente, da man de Óscar Losada, tivemos a Irene Maquieira, unha das actrices do musical Ladies F.C., que estes días estará en Logroño e Pamplona, antes de asentarse en Madrid.
01:04:38
In The Corner 8 de abril de 2022
Episodio en In The Corner
Na previa da Semana Santa houbo un In The Corner de paixón, porque a semana non tivo desperdizo. Por primeira vez, case non se falou de partidos, nin de xogadoras. O epicentro foi a rolda de prensa de Miguel Llorente, reitido como técnico do primeiro equipo feminino, logo da investigación interna de Abanca e o Deportivo. Diseccionada en nove cortes, escoitamos 16, dos 48 minutos, que durou a súa comparecencia do mércores. Carlos Castro e Pere Tobaruela analizaron cada punto. O programa rematou cunha entrevista a Amancio Varela, o responsable do fútbol feminino galego ao nivel federativo, co que falamos das seleccións, de proxectos, de igualdade, e da posibilidade que Louzán poda presentarse á súa segunda reelección, logo da modificación da Lei do Deporte Galego, que inhabilita para isto ás persoas que estean en débeda coa sociedade.
01:14:32
InThe Corner 01 de abril de 2022
Episodio en In The Corner
A chegada momentánea de Kevin Canbado ao primeiro equipo do Deportivo deu azos ás xogadoras, que agora afrontan o segundo desprazamento consecutivo a Lezama. Na primeira Nacional, o Viajes Interrías cae fóra das dúas primeiras posicións, adiantado polo Sárdoma e o Oviedo Moderno B. Abaixo, o Victoria de Santiago mantén as posibilidades de eludir o dobre descenso grazas ao seu empate en Avilés e ao gol, na prolongación, de Alba Suárez en Mareo. Precisamente, é a xogadora do Victoria da Coruña quen nos fala da súa excelente campaña, liderando os goles do seu equipo, e de por que o conxunto herculino non puido repetir os números da pasada temporada. Pere Tobaruela fai unha pequena análise das lígas autonómicas antes que Pablo Pérez, director deportivo do Pastoriza, nos fale da escola de fútbol do seu club, das posibilidades de ascenso do primeiro equipo e da organización da primeira fase do Campionato de España feminino nas categorías sub’15 e sub’17, que se inicia nesta data. O programa rematouno Óscar Losada falando dun curioso libro que vincula a Mussolini co fútbol feminino.
01:03:35
In The Corner 25 de marzo de 2022
Episodio en In The Corner
A crise do Deportivo ocupou o espazo da primeira parte do programa. Nunca puido imaxinarse que nun club profesional como o herculino puidera estourar unha bomba como a que estourou na semana, na que todo debería centrarse nun dos partidos máis importantes do ano. A Primeira Nacional volveuse emocionante na súa parte alta. Na pasada semana, o triunfo do Mos en Mareo deixa ao cadro galego afastado do dobre descenso a Primeira Autonómica e dá chance ao Victoria de Santiago, que deberá recurtar sete puntos coas sportinguistas para librar o dobre descenso. Entrevistamos á mosense Lucía Bouzón, quen personalizou o triunfo do seu equipo en Asturias con dous goles nos primeiros cinco minutos. Na Primeira Galega comezaron as fases de ascenso e permanencia, mentres que a Segunda enfía a recta final nos seis grupos, que darán os 24 que participarán na fase de ascenso. O programa fechouse cunha entrevista con Andrea Seijo, unha das mellores fisioterapeutas deportivas galegas, que abordou a súa perspectiva de que nin moito menos podémonos quedar en exclusiva con eses factores biolóxicos, dos que tanto se está a falar, como os únicos determinantes nas lesións das mulleres, deses outros factores que están condicionando as súas lesións, incluído o estrés como circunstancia lesional, e ferramentas que poden ser útiles para controlalos nos distintos momentos da temporada.
01:04:07
In The Corner 18 de marzo de 2022
Episodio en In The Corner
O Barcelona gañou a Liga a seis xornadas do remate. Tamén houbo uns cuartos incompletos de Copa de España. Mentres, na Segunda, o Deportivo continúa camiñando polo peor momento da temporada. Ten un nove exame contra o Ave Fénix. Xornada de folga en Primeira Nacional, na que varios equipos galegos aproveitan para poñerse ao día xogando partidos adiados. O máis importante destes é o Viajes Interrías-Sárdoma, do que nos falan Sara e Nerea Cruz, protagonistas destes dous equipos, que loitan por non rebaixar chanzo e xogar na nova Terceira 2022/23. A Primeira Galega chega á fase final. Seis equipos, baixo o favoritismo do Lóstrego, pelexan por unha praza, poderían ser dúas, para entrar na próxima Primeira Nacional. Pola súa banda, once equipos, divididos en dous grupos, tentarán non caer na Segunda Galega. Diso nos fala Bárbara Grandal, tendo no estudio a Noemi Gacía, futbolista valexa, o último equipo en incorporarse aos que procuran a gloria.
01:04:31
In The Corner 4 de marzo de 2022
Episodio en In The Corner
Unha derrota e dous empates baixaron ao Deportivo do liderato ao acumula a maior xeira negativa da súa historia en Segunda División. Para colmo, que acontece con Alejandra Serrano logo da súa substitución no partido contra a Fundación Osasuna? Na Primeira Nacional, malia que non gañaron os catro primeiros, o Friol despégase do Viajes Interrías, o Sárdoma e o Deportivo B empataronn e Mos volveu aos triunfos. Para a nova xornada salienta o Deportivo B-Friol, o cuarto contra o primeiro. Entrevistamos a Andrea, a capitá do Mos, que nos falou das posibilidades do seu equipo. Achegámonos ao desenlace da primeira fase na Primeira Galega. Malia que no caso do Lóstrego esperábase, as de Gondomar, como o Bergantiños, dous estreantes, lideran os grupos sur e norte. É a revolución deportivo no fútbol galego? Entrevistamos a Lore, capitá do cadro de Carballo e recomendamos os partidos que consideramos máis atractivos na Primeira e na Segunda Autonómica. Na parte final, con Mario Gómez, presidente o Rosalía, e o noso colaborador, Pere Tobaruela, contamos como o cadro ourensá integra anualmente fútbol e cultura co gallo do aniversario do nacemento da escritora
01:05:38
In The Corner 25 de febreiro de 2022
Episodio en In The Corner
AEM e Deportivo xogan un dos partidos importantes da xornada do grupo Norte de Segunda División. Igualmente, e na loita pola terceira posición, que podería dar opción a estar na Terceira da próxima campaña, xogarán o domingo o Sárdoma e o Deportivo B en partido de Primeira Nacional. Nerea Cruz e Paula Monteagudo, futbolistas de ambos equipos, cítanse nos micrófonos de In The Corner para falar da previa. Bárbara Grandal deixounos a súa “latiña” coa actualidade do fútbol autonómico, Bibiana Santiso falounos da enquisa que está a facer sobre a situación da muller no fútbol, e da que espera aumentar a mostra coa participación de máis implicadas, e Óscar Losada falounos dun documental sobre Jill Ellis, anterior seleccionadora dos Estados Unidos.
01:08:00
In The Corner 18 de febreiro de 2022
Episodio en In The Corner
A situación do Deportivo e as dificultades dos últimos encontros, xusto antes de afrontar dous compromisos importantísimos lonxe de Abegondo, contra Zaragoza e AEM, o tapado do grupo, tal vez nun momento non óptimo da campaña, foi o tema inicial do programa 42 de In The Corner. Pere Tobaruela comentou, ademais disto, no retorno da Primeira Nacional, o por que equipos como Viajes Interrías e Friol, sen ofrecer un fútbol atractivo, mandan na táboa, nun momento no que o terceiro do grupo volve a ter opcións de ascenso. Os partidos a salientar están en Abegondo e na Coruña, con loitas para evitar o descenso na que están implicados os equipos visitantes, nomeadamente, Mos e Victoria de Santiago. Bárbara Grandal, actualizou a situación da Primeira Galega e parou en cada un dos seis grupos de Segunda, cando entramos no momento decisivo da primeira fase da competición. Na sección das nosas emigradas, esta semana si, entrevistamos a Líber, a viguesa que desde hai moitos anos defende as cores de equipos asturianos. A parte final estivo dedicada á saúde, cunha entrevista a Andrea Seijo, profesora da Facultade de Fisioterapia da UDC, profesional contrastada en equipos como o Deportivo feminino e, no fútbol sala, o Burela e o Viajes Amarelle. Con ela descubrimos un mundo que pode axudar, mesmo con recursos baixos, a optimizar o traballo e protexer de lesións ás xogadoras. É evidente que o fútbol feminino non pode ser unha réplica do masculino.
01:01:22
In The Corner 11 de febreiro de 2022
Episodio en In The Corner
In The Corner fai unha análise de situación ante a primeira das semanas que van servir para reorganizar a competición coa celebración dos partidos adiados. Pere Tobaruela, analista da sección, participa nesta primeira parte do programa. Bárbara Grandal comenta a situación do fútbol autonómico e Montse Mella, que continúa sendo noticia, expón a situación actual na que ela e outras dúas compañeiras se atopan ante o comportamento do Amio, que continúa sen darlles a carta de liberdade.
01:04:07
In The Corner 4 de febreiro de 2022
Episodio en In The Corner
Pere Tobaruela e Carlos Castro conversaron sobre a vantaxe que está collendo o Deportivo, malia non xogar, na cabeza da táboa do grupo norte da Segunda División e da importancia do encontro do domingo contra o Fundación Osasuna para ambos contendentes. Na Primeira Nacional, varios partidos en destaque. O máis importante, Friol-Viajes Interrías e, pola parte baixa, o Mos – Versalles, nas Baloutas. Bárbara Grandal fixo a súa análise sobre a Primeira e a Segunda División Galegas e, ao fío, tivemos como convidada a Jenny García, mellor goleadora de toda a Segunda Autonómica, con 32 goles, que non poderá aumentar nas próximas semanas por un percance, e volvimos á escola da man de Vinto Tajes, director da muradá Escola de Fútbol Os Miúdos, coa que ten un soño deportivo e educativo.
01:05:29
In The Corner 28 de xaneiro de 2022
Episodio en In The Corner
Moitas cousas pasaron nesta semana no fútbol feminino estatal. As mudanzas na dirección na RFEF, coa galega Yolanda Parga á fronte das árbitras, as competicións copeiras, a situación no grupo norte da Segunda División logo da derradeira xornada e o que pode vir, os adiamentos no grupo I da Primeira Nacional e o condicionamento da competición. Na sección “As emigradas” falamos con Andrea Mirón, na actualidade no Torreense, competindo na elite do fútbol portugués. Na parte final, logo dunha breve análise sobre o fútbol autonómico, fechamos o programa recuperando a inacabada entrevista do programa anterior, con Maica Pazos e Mery Valcárcel que nos contan o longo e duro proceso que lles supuxo que o Friol lles dera a carta de liberdade.
01:07:17
In The Corner 21 de xaneiro de 2021
Episodio en In The Corner
O In The Corner do 21 de xaneiro do 2022 analizou o Deportivo-Parquesol e, como protagonista do partido, entrevistou a Selina Álvarez Blanco, a colexiada designada, que será a primeira galega en dirixir un partido de Segunda División desde a reestruturación. En canto á Primeira Nacional, salientamos o partido das Relfas, entre Sárdoma e Umia. Para falar do mesmo estivo no programa Tania, a futbolista do cadro de Barrantes, que non poderá xogar por estar recuperándose dunha lesión con cirurxía. Logo das curiosidades, protagonozadas polo primeiro triunfo do Deportivo na Rioxa, o triunfo do Sárdoma sobre o Vitoria, na Coruña, case cinco anos despois, os acertos conxuntos das deportivistas Paula e Noela co equipo B e a imbatibilidade de Isabel (Viajes Interrías), Bárbara Grandal analizou a xornada nas dúas categorías autonímicas. No remate, motivado por un tema de total actualidade, entrevistamos a Maica Pazos e á súa filla, Mery Valcárcel, que acaba de obter a carta de liberdade do Friol tras moitos atrancos.
01:02:24
In The Corner 14 de xaneiro de 2022
Episodio en In The Corner
Primeiro In The Corner do 2022 con dúas entrevistadas con grandísimo recorrido no fútbol. Unha como xogadora, Natalia de Francisco, con dez equipos desde a súa primeira campaña en El Olivo, na temporada 2004/05, e con éxitos internacionais tamén no fútbol praia. A ourensá é, con nove dianas, o principal referente ofensivo do Viajes Interrías, líder destacado do grupo I da Primeira Nacional, logo que Luís Treviño lle devolvera a confianza que precisaba, como ela recoñece. A outra é Irotxa Rey, delegada do C.D. Lugo, que antes foi xogadora, capitá e directora deportiva da Milagrosa. Nas curiosidades da xornada anterior tiveron repercusión a derrota por dous goles do Deportivo diante do Espanyol, o primeiro triunfo como visitante do Victoria de Santiago co primeiro gol de Anita, as dúas expulsións seguidas de Covi na mesma fin de semana, as derrotas do Deportivo B en Abegondo, así como o que acontece cando non xoga no campo 5, e os cen partidos de Pauleta co S.L. Benfica. O programa contou coa participación de Pere Tobaruela, habitual na análise dos nosos equipos en categorías estatais, e de Bárbara Grandal, especialista no fútbol autonómico.
01:04:14
In The Corner 17 de decembro de 2021
Episodio en In The Corner
O derradeiro In The Corner de 2021 estivo centrado no primeiro liderado da temporada do Deportivo antes da folga competicional de Nadal. Con Pere Tobaruela, analizamos as valoracións de Miguel Llorente, técnico deportivista, do que levamos de torneo, o partido contra o Levante Las Planas e, baixando de chanzo, o que está sendo a Primeira Nacional, no seu grupo I, agora que chegamos ao ecuador da competición. Entrevistamos a Luís Treviño, técnico do líder, Viajes Interrías, que malia ter un partido menos, o que xogará o domingo en León para chegar aos 13 encontros do resto, xa conseguiu coas súas xogadoras o campionato de inverno. Os colaboradores do programa deron seus prognósticos sobre quen gañará a Liga en Primeira División, quen subirá e quen estará entre o segundo e o cuarto lugares do grupo Norte da División de Prata e, no relativo á Primeira Nacional, quen serán os tres primeiros do grupo I e que dous conxuntos vivirán o dobre descenso a Primeira Autonómica. Bárbara Grandal, que tamén participou da "aposta", deixounos a súa valoración sobre a Segunda Autonómica, pois a Primeira non compite até 2022, e un pequeno consello. Volvemos para o ano. Mentres, que teñades unhas boas festas e, lembrade, "Nunca camiñaredes soas".
01:15:20
In The Corner 10 de decembro de 2021
Episodio en In The Corner
O importantísimo Deportivo - Levante Las Planas, primeiro contra segundo no grupo norte de Segunda División, ocupou maioritariamente o espazo do programa, coa participación de Pere Tobaruela, colaborador da sección sobre fútbol estatal, e das xornalistas Rocío Candal e Sara Gallego. No programa entrevistamos a Belén García, cordinadora do cadro catalán, que é alma deste club logo de ser guardarredes do plantel no ano do ascenso a Primeira División e nos dous que o equipo militara na máxima categoría. Na parte final da sección tratouse a xornada que fechará o ano para case todos os galegos na Primeira Nacional. O programa rematou coa intervención semanal de Bárbara Grandal comentando a actualidade do fútbol autonómico.
01:15:39
In The Corner 3-12-21
Episodio en In The Corner
Abrimos o derradeiro mes do 2021 cun In The Corner que tivo a Ángel Cibes e Chivi García para falar do primeiro derbi compostelán na historia do fútbol feminino estatal. Os dous técnicos contáronnos sobre os seus problemas para organizar as sesións semanais de traballo. Pere Tobaruela ampliou a súa visión do derbi, coñecedor das dúas institucións compostelás, tróuxonos a súa valoración da pasada xornada e o que pode ser a desta fin de semana para os nosos equipos, e presentounos un novo concepto técnico-táctico. Barbara Grandal falounos do fútbol autonómico, nunha sección na que entrevistamos a Laura Raña, xogadora e unha das 30 representantes do estamento de xogadores/as dentro da Asemblea da RFGF, que falou do compromiso que deben asumir as institucións para modificar as normativas que impiden que unha, ou un, futbolista amateur poda xogar de acordo aos seus intereses, alén de estaren limitados por fórmulas lexitimadas no fútbol, que non noutros deportes, e que poden ser contrarios ao propio espírito da normativa. Rematamos coa sección de fútbol e cultura, na que Óscar Losada centrouse na figura de Alexia Putellas, premiada esta semana co Balón de Ouro. Arredor da figura da futbolista catalá, Losada achegounos á serie Campioas, que acaba de estrearse, e da canción “Alexia”, dedicada a ela, polo grupo brasileiro Skank.
01:15:16
In The Corner 26 de novembro de 2021
Episodio en In The Corner
Ángel Rodríguez Cibes colleu ao Villestro coa campaña iniciada. O equipo continúa instalado na última praza do grupo I de Primeira Nacional e sen puntos, aínda que con goles. O técnico achega aos ouvintes o presente do club e as súas expectativas cara ao paso do ecuador da competición. Pere Tobaruela é o novo colaborador do programa para o apartado do fútbol estatal. Con el coñecemos as chaves do triunfo do Deportivo sobre o Oviedo Moderno, na pasada xornada, unha visión do xogo dos nosos equipos de Primeira Nacional e a explicación a un aspecto táctico do fútbol que lle resultou interesante na pasada fin de semana. Bárbara Grandal fai o repaso semanal ao fútbol autonómico, rematando cunhas consideracións sobre a retención de licenzas, dado o impacto que están provocando, tanto nos medios de comunicación como nas redes sociais, as denuncias de xogadoras retidas por Friol e Amio. Maika Pazos, nai de Mery Valcarce, a quen o cadro presidido por Geluco Villar non lle dá a baixa para poder fichar polo Lugo, e Montse Mella, en representación directa e doutras tres compañeiras, retidas polo Amio, falaron nos micrófonos de In The Corner. O programa fechou cunha chamada aos Estados Unidos para falar con Laura Cetina, que acaba de gañar co seu College o título nacional da NJCAA, competición na que foi designada MVP da final e mellor atacante de toda a competición.
01:27:29
Más de Radiofusión Ver más
SONS DE NÓS RadioFusión Lista diaria de música dos países lusófonos.De luns a venres en Radiofusión Actualizado
También te puede gustar Ver más
¡Cuánto sufrimos, Martín! Un podcast deportivista desde la grada de Riazor. De aficionados y para aficionados del Dépor. Del Deportivo de A Coruña, ¡qué duda cabe! Para no sufrir tu deportivismo en soledad: padecemos como tú, verbalizamos tu desesperación y, si podemos, nos reímos. Arsenio ya explicó todo esto mejor que nadie: "Mucho que decir, poco que contar". :-) Actualizado
Fondo Norte Podcast - PontevedraCF.Net El Podcast sobre el Pontevedra Club de Futbol de PontevedraCF.Net Actualizado
La Libreta en Radio MARCA Todos los lunes, Miguel Gutiérrez "La Libreta de Van Gaal" se pasa por A Diario para analizar cómo se portan los periodistas deportivos. Actualizado