Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
In The Corner
In The Corner
Podcast

In The Corner 4i2f1c

91
219

Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro 6p4vq

Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro

91
219
In The Corner 30 de maio de 2025
In The Corner 30 de maio de 2025
Episodio en In The Corner
No último episodio de maio comentamos brevemente o triunfo de Mariona Caldentey e do Arsenal na Copa de Europa. No fútbol estatal hai a mención do retorno do Logroño á elite. O feche de temporada para os cadros galegos máis importantes pono o I Trofeo Por Ellas, un triangular internacional entre o Sárdoma, Deportivo B e Merelinense. No referente ao fútbol máis modesto, a atención céntrase na Liga da Segunda Autonómica. Eloy García levou o temón do Xallas, líder do grupo I e principal referente da Costa da Morte, excluíndo ao Bergantiños: “O Bergantiños compite nas competicións da Coruña e renegan de xogar as nosas. Foron a referencia e nós temos que escribir a nosa historia. Agora nós somos o equipo punteiro da Costa da Morte e a referencia a seguir. Espero que o club nos apoie e comparta a ambición do proxecto que quere o corpo técnico”. Tamén falou Alba Rodríguez, técnica do Arenteiro, segundo do grupo II, que nos levou da man nun recorrido pola historia do fútbol feminino ourensán, ademais de analizar a competición e o proxecto do club de Carballiño: “Nestes tres anos conseguimos un plantel moi competitivo. Estar en tres anos en Primeira Galega paréceme un logro. Mirar cara arriba paréceme marabilloso, pero temos que facer que a palabra “equipo” sexa de verdade e a partir de aí, se veñen as vitorias, benvidas sexan”. Rematamos mencionando os partidos nos que se xogan ascensos nos grupos de Terceira Galega, así como a final do campionato cadete.
Fútbol 2 días
0
0
41
01:03:01
In The Corner 23 de maio de 2025
In The Corner 23 de maio de 2025
Episodio en In The Corner
O Sárdoma quedou ás portas do ascenso, as ligas baixan o pano e tamén as copas. Comeza o tempo das reflexións, Neste episodio contamos coas de Romina Dadín, logo desa primeira experiencia co At. Villalonga en Segunda Federación: “Vai ser inesquecible por ese debut na Segunda Federación e por ser unha temporada dura, de responsabilidade, de traballo, de asumilo dun momento para outro, sen tempo para pensar”. En canto ao Sárdoma, Bego Aldao, a presidenta, fai un percorrido pola temporada: “Tal vez haxa algunha institución que non soubo valorar o traballo que vén facendo o Sárdoma no fútbol feminino”. Desde varios sectores do fútbol feminino pénsase o mesmo. Para o remate, tivemos como convidado a Víctor González, técnico e director deportivo do Domaio. O conxunto moañés foi outra das revelacións da temporada culminada coa Copa Deputación de Pontevedra. Tivemos tempo de analizar o que vai ser a nova Primeira Galega e a nova Terceira Federación: “Vai a haber unha baixada de nivel. A xente ponse moi contenta con todas as decisións que están tomando coa opción de que nos regalen un ascenso (...) como cando a pandemia, que non houbo descensos (...) Logo chegarán os paus, que van chegar, e será tarde para queixarse”.
Fútbol 1 semana
0
0
51
01:22:42
In The Corner 16 de maio de 2025
In The Corner 16 de maio de 2025
Episodio en In The Corner
A salvación do Deportivo, que seguirá un ano máis na Primeira División, foi o primeiro asunto do episodio. Ainhoa Marín, na rolda de prensa semanal, quedouse coa importancia do feito e de telo logrado antes da derradeira xornada. A respecto do partido de Madrid, dixo: “Imos ir a Madrid a competir, que é o que levamos facendo, coa cabeza en poder levarnos os tres puntos, dar unha versión do Dépor máis con balón". O partido estrela da fina de semana en Galiza será o Sárdoma. Betis B. As galegas deberán superar un 2-0 para ascender a Segunda Federación. Chicho Val, segundo adestrador sardomista sinalou: “A ckave vai estar no acerto nas áreas e na concentración das xogadoras (...) esperemos poder desconcentralas tamén co ambiente que poidamos colleitar nas Relfas”. No apartado da Primeira Galega estivemos con Anita González, técnica do campión, Orzán, que regresou ao fútbol logo de tres anos afastada dos bancos: “Teño a mesma esencia de antes e quero que as xogadoras sexan autónomas no terreo de xogo”. Para o remate tivemos a Paula Armada, atacante do Sárdoma B, que nos fixo partícipes das sensacións da salvación do equipo en Vilagarcía: “Nos primeiros segundos non podía reaccionar e deambulei un pouco polo campo; logo, deime conta do que acababamos de facer e púxenme a chorar”.
Fútbol 2 semanas
0
0
48
01:16:13
In The Corner 9 de maio de 2025
In The Corner 9 de maio de 2025
Episodio en In The Corner
As ligas chegan ao remate cos obxectivos cumpridos, ou por cumprir. O Deportivo xoga contra o Sevilla un encontro no que se gaña garante a permanencia. Millene dixo: “Estamos máis unidas ca nunca. É a maneira de conseguir o obxectivo”. O Celta celebrou o ascenso o pasado luns e aí están as declaracións de Lara, a capitá, dando por boa a súa lesión por conseguir o obxectivo, a de Vicky Vázquez, técnica, falando da “ambición do equipo” e da presidenta, Marian Mouriño, recoñecendo que Vicky será renovada. O Sárdoma ten unha eliminatoria de ascenso contra o Betis B. Toni Martínez falou das características do rival, “con moitas xogadoras con máis de vinte goles, en dinámica de Liga F e con moito ritmo de xogo”. Para rematar, dous partidos focalizan a atención da derradeira xornada en Primeira Galega. At- Arousana-Sárdoma B, no que os dous loitan pola permanencia, e Sp. Cambre-Umia, no que o fan as de Barrantes. No episodio falaron Sindo Gómez, técnico do Sárdoma, Beli, guardarredes arousanista, e Álvaro Gómez, técnico das viquingas. Os tres esperan celebrar a salvación ás nove da noite do domingo, pero só poderá facelo unha destas tres persoas.
Fútbol 3 semanas
0
0
87
01:16:34
In The Corner 2 de maio de 2025
In The Corner 2 de maio de 2025
Episodio en In The Corner
Unha triste noticia fixo comezar o programa cunha introdución non prevista e a sentida mensaxe de Rafa Ruiz Muga ao seu amigo Jose Mañana. Dous pioneiros verdadeiros da construción do fútbol feminino en España hai sesenta anos. O remate das competicións fai que as pulsacións aumenten nestes momentos do ano. O Deportivo xoga en Barcelona fronte a un dos mellores equipos do mundo tentando rabuñar algo que o afaste do penúltimo lugar. Mentres, o At. Villalonga remata a liga dun xeito tranquilo pelexando pola sexta praza contra o Eibar B. O punto forte do episodio está na Terceira Federación, co confirmado ascenso do Deportivo B, polo que entrevistamos a Óscar Orro, o seu técnico, que confirmou a razón principal do éxito: “O rival eramos nós mesmas e se impoñíamos o noso xogo e traballaramos como tiñamos que traballar, consideramos que non teriamos rival”. Un dos focos da xornada do domingo estará nas Relfas. O Sárdoma e o equipo que menos probabilidades ten para lograr o ascenso directo fronte ás posibilidades do Celta e do O. León. Malia todo, Toni Martínez, caso de logralo ao remate do encontro fronte ao Oviedo B recoñece que sería a consecuencia dun esforzo: “O grupo está dando todo para lograr ese ascenso”. Por último, analizamos partido a partido a penúltima xornada da Primeira Galega, que xa ten ascendidos a Orzán, Boiro e O Val, pero aínda lle quedan dúas (ou tres) prazas máis. A loita polo descenso tamén é descarnada, con Victoria B de Santiago, Sárdoma B, At. Arousana e Umia na lea.
Fútbol 3 semanas
0
0
29
01:07:33
In The Corner 25 de abril de 2025
In The Corner 25 de abril de 2025
Episodio en In The Corner
Coincidindo co aniversario da Revolução dos Cravos” tivemos a Cristina, a capitá do Deportivo, que revolucionou as noticias desta semana no futfem galego co marabilloso comunicado de que vai ser nai: “Desde o comezo, a resposta do club foi incrible. Queren que estea con eles de cara a futuros casos e a miña intención é seguir apoiando ás compañeiras para conseguir o obxectivo”. O Celta-O. León vai ser un dos partidos que estará no foco da fin de semana, As olívicas teñen que gañar se queren seguir mantendo a opción do ascenso directo. Vicky Vázquez, técnica das celestes, falou das chaves do partido: “Están na ambición que imos ter, estando moi pendentes dos seus puntos fortes e dos débiles, pero a ambición por riba de todo”. Baixando un chanzo, o Tomiño pode seguir o camiño do Boiro e o O Val para estrearse na próxima campaña no fútbol estatal. O partido contra as valexas pode definir ese inminente futuro de xeito inmediato. Bruno González, técnico das do Baixo Miño, falou do partido: “Queremos facer un gran partido, gañar diante da nosa xente, é un partido superespecial para nós e superemotivo”.
Fútbol 1 mes
0
0
53
01:20:08
In The Corner 11 de abril de 2025
In The Corner 11 de abril de 2025
Episodio en In The Corner
Tramo final das ligas cun partido decisivo para el Deportivo, na Primeira División, que recibe en Riazor ao Levante Las Planas. A herculina Olaya está convencida de “que gañar este partido vai ser moi especial”; máis tendo en conta que Estefanía Banini, a arxentina do cadro badaloní, afirma que o afrontarán “como una final”. N sección “As nosas emigradas” tivemos a Tati Barcia, que vive a súa primeira experiencia fóra de Galiza nun Alavés, que pode regresar á máxima categoría; “Aínda queda moito, pero gustaríame estar co equipo na Primeira División”, O feche púxoo Paula Armada, a fútbolista do Sárdoma cadete e do sénior B, que loita pola permanencia na Primeira Galega. A viguesa deixounos toda unha lección de fair-play na súa entrevista: “Se xogamos o descenso no último partido o At. Arousana e nós, sufrirei pase o que pase porque somos compañeiras de fútbol e para elas sería un golpe baixo, igual que para nós”.
Fútbol 1 mes
0
0
65
01:15:02
In The Corner 4 de abril de 2025
In The Corner 4 de abril de 2025
Episodio en In The Corner
O episodio 103 de In The Corner aproveitou a folga no fútbol estatal para facer unha análise do que falta para rematar as competicións, centrándose fundamentalmente na Terceira Federación. Diego Rodríguez, Santi Viéitez, analistas habituais da categoría, xunto con Sara Gallego, da Radio Galega, e Pere Tobaruela, colaborador da sección de futfem no sitio muchacalidad,com, puxeron as súas voces autorizadas. O fútbol autonómico non para e Moi Campos ofrécenos a súa valoración da xornada do domingo. O feche púxoo Navia Rendo, cunha entrevista aproveitando o seu retorno logo de marchar do Deportivo B e pasar case catro campañas xogando a fútbol sala. A futbolista do Calo volveu e anotou o gol do triunfo do seu equipo na pasada fin de semana.
Fútbol 1 mes
0
0
56
01:16:34
In The Corner 28 de marzo de 2025
In The Corner 28 de marzo de 2025
Episodio en In The Corner
Vera compareceu para anunciar a súa renovación de contrato co Deportivo até 2026 e falar do partido contra o Athletic: “Sinto o club como se fose a miña casa”. Baixando dous chanzos, Mery estivo no programa tras reaparecer co At. Villalonga máis dun ano despois da súa lesión: “O fútbol é o que me fai gozar. Unha vez que volvín coas miñas compañeiras sentinme moi feliz en todos os ambientes”. Ana Iglesias (Lóstrego) está no seu mellor ano como xogadora. Os seus dez goles e a participación en todos os partidos do equipo avalan a afirmación: “Este ano estou tendo moitísima sorte coas lesións. Coidei moito máis a miña alimentación e teño que agradecer a Sergio, o preparador físico, o traballo que fai que esta tempada síntame mellor”. Xunto a análise da xornada de Primeira Galega de Mopi Campos entrevistamos a Sergio Cao, delegado do Sp. Cambre, logo que tamén o seu equipo se meta na pelexa por un posible ascenso despois de derrotar ao At. San Pedro en Iñás: “Foi un triunfo traballado. O San Pedro é un equipazo e nós non chegamos en moi boas condicións. Necesitabamos os puntos para pegar un salto na clasificación”.
Fútbol 2 meses
0
0
67
01:19:43
In The Corner 21 de marzo de 2025
In The Corner 21 de marzo de 2025
Episodio en In The Corner
Raquel, a central do Deportivo, que cumpre a súa cuarta campaña no cadro herculino, abriu o programa coa súa comparecencia xeral para valorar o empate no Di Stéfano e o partido contra o Costa Adeje. “Sabemos lo competitiva que es esta Liga”. De cara ao partido contra o Costa Adeje houbo lembranza sobre a ida: “A partir dese partido evoluímos moito (...) temos moitas gañas de enfrontarnos a eles. Son un equipo con moita experiencia e un modelo de xogo claro, con cada xogadora que aporta as súas características. Friol e Bovedana crúzanse por primeira vez logo que os segundos denunciaran o pertinaz incumprimento de Covi Regueiro en canto á súa inhabilitación de conco anos: “Pensamos que o descaro de Covi non ía chegar a ese nivel”, comenta Paco Jiménez, dirixente do club zamorano, que explica como foi procedemento da denuncia. O partido na Reigosa, ás tres da tarde, é o segundo na historia peluquera con ese horario na casa. Logo da análise de Moi Campos sobre a apaixonante Primeira Galega, falamos con Minerva Bóveda, futbolista do Umia, que nos conta cousas sobre a súa traxectoria: “Marchei do Arousana ao Umia para ter opcións de xogar en Primeira Nacional”.
Fútbol 2 meses
0
0
74
01:18:12
In The Corner 14 de marzo de 2025
In The Corner 14 de marzo de 2025
Episodio en In The Corner
Episodio número 100 do programa dedicado ao fútbol feminino galego. Recollemos a comparecencia de Eva Dios sobre a súa renovación no Deportivo até o 2029. O Sp. Gijón, próximo rival do At. Villalonga, está mergullado nunha crise de resultados. Tivemos connosco a Laura Testa, unha das dúas galegas que este ano xoga coas asturianas: “O vestiario está forte para afrontar o final de liga”. Baixando até a Terceira Galega, de cara ao partido da xornada entre o Sárdoma e o O. León, falamos coa sardomista con máis minutos no torneo, Nerea, coa que falamos dos seus sete anos de traxectoria no fútbol estatal e de que pode ser o partido: “Creo que será bastante duro, afrontámolo con moitas gañas e coa vontade de cambiar o resultado de León”. Unha das xogadoras da pasada xornada foi Iria. A xogadora do Lugo falou do seu primeiro dobrete en Terceira: “O dobrete sabe a vitoria e á alegría de poder axudar ao equipo a sumar estes tres puntos”. Logo da análise de Moi Campos sobre a nova xornada de Primeira Galega, entrevistamos a Víctor González, director deportivo do Domaio, un equipo que está denunciando varias irregularidades que se producen semanalmente na competición: “Temos que loitar porque as competicións sexan o máis xustas posibles, que as leis sexan iguais para todos”.
Fútbol 2 meses
0
0
106
01:28:18
In The Corner 7 de marzo de 2025
In The Corner 7 de marzo de 2025
Episodio en In The Corner
Na véspera do 8-M, o editorial foi dedicado á RFGF e o seu disfraz, nos últimos dias do entroido, co xogo simbólico da data. Protagonistas foron Fran Álvarez (Deportivo) e, na Terceira Federación, Vichy Vázquez (Celta) e Óscar Orro (Deportivo B), responsables nos bancos destes equipos ante o gran derbi do sábado en Balaídos: “Que se anime máis xente a vir ao partido porque seguramente vai ser moi bonito”, é a petición da treinadora local. “Xogar o derbi en Balaídos motívanos máis”, salientou o visitante desde o punto de vista emocional. Entrevista mos a María Jiménez, a malagueña do Victoria de Santiago. Sobre o partido contra o novo líder, O. León, afirmou: “Vamos a encontrarnos a un equipo moi contundente, bastante intenso, que nos vai poñer as cousas difíciles, pero creo que temos un grupo moi bo, que se non comete erros podemos plantarlles cara”. No que atinxe ao fútbol autonómico, a entrevista foi con Luna Botana, a futbolista do Val que na pasada xornada volveu aos campos tras estar afastada logo da xornada 10. Ante o que pode ser o primeiro ascenso do Val ao fútbol estatal, a tamén técnica do cadete valexo dixo: “Creo que sería unha grande alegría para todas, pero hai que seguir pensando no que queda de Liga e loitar os partidos coma se foran finais para conseguir ese obxectivo”. Os últimos minutos estiveron dedicados a salientar o éxito da selección sub’14 feminina, que xogará a semifinal do CESA contra o País Vasco, á que chega con 4 triunfos e 1 empate, 8 goles a prol e 0 en contra. As “guerreiras galaicas” marcan un novo teito no noso futfem.
Fútbol 2 meses
1
0
81
01:20:31
In The Corner 28 de febreiro de 2025
In The Corner 28 de febreiro de 2025
Episodio en In The Corner
Episodio con moitos participantes na análise da xornada. Lucía Martínez (Deportivo) e Sara Monforte (Espanyol), valorando o partido da Dani Jarque. Falamos do comportamento das xogadoras do At. Villalonga e, na Terceira Federación, a valoración de Óscar Orro (Deportivo B), sobre o partido da xornada entre as herculinas e o Olímpico de León: "É o partido que todas queren xogar”. Tamén respondeu ás nosas preguntas, incluída aos tres partidos de sanción a Albiol, Toni Martínez (Sardoma). Sandro Nogueira novo técnico do Bergantiños, tamén deuixounos as súas primeiras palabras: "Nuns días vin dez ou doce partidos". No fútbol de Primeira Galega, xunto a análise de Moisés Campos, salientamos o 4-4 da pasada xornada no Tomiño-At. San Pedro cunha valoración de Bruno González, técnico das miñotas, pero tamén Laura Alejo, a xogadora do líder, Boiro, que se enfronta ao seu equipo, Umia, no feche da xornada.
Fútbol 3 meses
1
0
77
01:19:58
In the Corner 21 de febreiro de 2025
In the Corner 21 de febreiro de 2025
Episodio en In The Corner
Romina Dadín falou do que está sendo a súa estra, do partido contra o Europa, na que tiveron chance de puntuar, e do encontro contra o Ptradejón ante o que “hai que evitar o seu fútbol directo”. Gueli Cotelo falou da marcha de José Pastoriza e do futuro do equipo logo do abandono do Romanón que fai “podemos planificar a temporada o mellor posible”. Desde o Nadal o equipo está facendo ben. No derbi entre Lugo e Sárdoma, Xoaquín Blanco falou da “concentración, da intensidade e da solidariedade” para seguir nesa traxectoria, mentres o seu rival no banco, Toni Martínez, lembrou a dificuldade e os problemas que xa tiveran na temporada anterior. Logo da valoración de Moi Campos sobre a xornada 21 interviron Bruno González, técnico do Tomiño e Vir del Río, técnica do At. San Pedro, no que pode ser o partido da xornada. A salientar a emoción e a incerteza, segundo o caso, que mostran ambos ante a perspectiva de estar na Terceira Federación na próxima temporada.
Fútbol 3 meses
0
0
92
01:08:31
In The Corner 14 de febreiro de 2025
In The Corner 14 de febreiro de 2025
Episodio en In The Corner
Uxía Saavedra e Marta Rodríguez Cascón estiveron no estudio para facer unha valoración dos feitos máis salientables da semana. Os dez de doce puntos do Deportivo, co triunfo en Zubieta, a virada do At. Villalonga ante o At. Madrid C e se a crise está superada, o asunto Mapi León e Daniela Caracas, así como a nova xornada de Terceira Federación coa valoración de Toni Martínez, técnico do Sárdoma, ante o partidazo contra o Villa de Simancas: “Partido moi importante porque nos permitiría abrir unha fenda cun rival directo (...) e seguir enganchados aos postos altos”, ocuparon a parte do programa dedicado ao fútbol estatal. Con Marta Cascón falamos do Friol-Victoria C.F. e os só catro partidos que gañaron ás perruqueiras logo de 32. En canto á Primeira Galega, contamos coa valoración de Óscar Barrientos, técnico do Sp. Cambre, que logrou un empate espectacular ante o Celta B, e a de Uxía Saavedra sobre a derrota do Val en Boiro: “O equipo foi pensando en gañar e logo da derrota foi unha semana de silencio”. De cara a esta fin de semana valoramos como partidos da xornada o Celta B-Orzán e o At. San Pedro-Boiro.
Fútbol 3 meses
1
0
70
01:14:51
In The Corner 7 de febreiro de 2025
In The Corner 7 de febreiro de 2025
Episodio en In The Corner
Marta Cascón, a futbolista do Victoria da Coruña, foi a convidada no programa. A súa amplitude analítica permitiunos facer un repaso polo acontecido na pasada xornada do fútbol feminino galego nas súas principais categorías, así como a que vai vir nas próxima horas. Particularizando no seu equipo salientou a evolución do xogo de Nuria Sánchez e que o “problema de non estar máis arriba é a falta de gol”. Ela asume a responsabilidade como dianteiro do equipo. Na breve valoración da xornada sobre o fútbol da Primeira División Galega valorouse como o par,tido da xornada o Boiro-O Val, sen perder a vista no derbi local entre o Orzán e o Victoria B. A respecto, comentou que durante o traballo semanal non se falara moito do partido entre as cebras do B que traballan co primeiro equipo, pero que será agora porque “os partidos entre estes dous equipos son especiais”.
Fútbol 3 meses
1
0
60
01:09:09
In The Corner 31 de xaneiro de 2025
In The Corner 31 de xaneiro de 2025
Episodio en In The Corner
Programa con técnicos como convidados. Diego Rodríguez volveu a participar como analista do fútbol galego de categoría estatal. Valorouse a dobre vitoria do Deportivo enm Prtimeira, algo que non acontecía desde outubro de 2020, analizamos a pasada xornada en Terceira, coas curiosidades dos goles en propia porta e tivemos como convidada a Romina Dadín, nova técnica do At. Villalonga: “Tentaremos que o equipo teña máis ocasións de gol e un fútbol máis alegre”. No apartado de fútbol autonómico convidamos a Pere Tobaruela, co que xunto con Moi Campos fixemos un final de teruulia. Antes tamén falamos con el do seu éxito editorial da serie Formigas e do seu libro “Martiña e o balón”, relacionado co fútbol feminino.
Fútbol 4 meses
0
0
55
01:14:23
In The Corner 24 de xaneiro de 2025
In The Corner 24 de xaneiro de 2025
Episodio en In The Corner
Só o Deportivo xoga esta fin de semana entre os representantes galegos no fútbol estatal. Será na Luis del Sol, contra o Betis, con ambos loitando por afastarse do descenso. Alén disto, a protagonista principal da primeira parte do programa foi Joana Montouto, que se acaba de reenganchar ao fútbol no U. Campestre de Montrove, Aproveitamos para lembrar a súa brillante carreira, que inclúe as primeiras divisións españolas e portuguesa. Logo de tocar o ceo, a futbolista confesa no programa que non todo foi marabilloso, nunha testemuña que pode axudar a máis futbolistas que pasaran polo seu calvario: “Cando volvín do Espanyol tiña medo de explicar o por que”. A última parte do programa deu protagonismo ao fútbol de Primeira Galega, onde coa participación de Moi Campos establecemos unha pequena tertulia con Antía González, goleadora do Boiro, e Natalia Veiga, defensa circunstancial do Val, representantes dos dous aspirantes ao ascenso logo do Celta B e o Orzán.
Fútbol 4 meses
2
0
136
01:01:03
In The Corner 17 de xaneiro de 2025
In The Corner 17 de xaneiro de 2025
Episodio en In The Corner
Míriam Ríos, un emblema do deportivismo, ex capitá do equipo feminino que subiu e permaneceu en Primeira, foi a primeira convidada. Falamos da súa vida no fútbol, do Deportivo e do choque contra o Levante desta tarde en Riazor. Do seu pasado como branca e azul falamos da súa saída: “Gustaríame que fora sobre o verde, con esas homenaxes nos que che dan a camisola co número de partidos, pero non puido ser.” Hoxe o programa ía de capitás e a continuación visitounos Alba, a que porta o brazal no Victoria de Santiago, que o domingo recibe ao líder, Deportivo B, en Santa Isabel: “O noso obxectivo para a segunda volta é facer máis puntos que na primeira e creo que o podemos conseguir”. Esta semana pasou un terremoto polo Salnés. Dous técnicos, Edi González, no At. Villalonga, e Luis Treviño, no Umia, deixaron os equipos. No apartado do fútbol autonómico tivemos ao xa ex do equipo de Barrantes: “Errei porque pensei máis no futuro das xogadoras que no presente”, siinalou como conclusión máis categórica da súa entrevista.
Fútbol 4 meses
1
0
51
01:22:13
In The Corner 10 de xaneiro de 2025
In The Corner 10 de xaneiro de 2025
Episodio en In The Corner
Primeiro episodio do ano coa volta das competicións. O programa tivo unha pequena modificación no comezo, ao prescindir dun analista fixo sobre o fútbol estatal, e as valoracións sobre a situacións dos nosos equipos foi feita pola ex futbolista Clo García desde unha perspectiva psicolóxica. A conversa deu para facer un paseo pola súa traxectoria: “En Málaga cheguei ao meu mellor rendemento. Había moi boas condicións, moi bo equipo, con futbolistas que agora están na Primeira División, unha boa estrutura de club e de equipo técnico”. A segunda convidada foi Andrea Albiol, a mellor goleadora do primeiro grupo de Terceira Federación. Nesta, súa segunda temporada no Sárdoma, considera que está tendo mellores números que na anterior, malia que o ano pasado gozou de moi boas sensacións. Falou tamén das ofertas que tivo o pasado verán: “Creo que o diñeiro non o dá todo e é moi importante sentirte ben onde estás”. Mara Jiménez, técnica do Celta B, fechou o programa na sección de fútbol autonómico. Inicialmente segunda de Vicky Vázquez no primeiro equipo, acabou permutando o posto con David Ferreiro: “A Liga está sendo moi competida e a derrota contra o Boiro serviunos de punto de inflexión”. Tamén falou da razón do axuste nos cargos e das posibilidades do primeiro equipo. A consecución do seu obxectivo condiciona o ascenso do B.
Fútbol 4 meses
1
0
84
01:11:23
Más de Radiofusión Ver más
18 RODAS
18 RODAS Progra de música Pop-Rock feito por Luis Iñiguez para Radio Fene Actualizado
Radio Fene
Radio Fene Programación da Emisora municipal do Concello de Fene en A Coruña Actualizado
Sala Perla
Sala Perla Programa de adicatorias diario. Todos os días de 10 a 11 da mañá Actualizado
También te puede gustar Ver más
El Morning de Axel y Rulo
El Morning de Axel y Rulo Charla desenfadada entre Axel Torres y Raúl Fuentes sobre competiciones futbolísticas de todo tipo (mediáticas o no), así como reflexiones que pueden alejarse perfectamente de la temática balompédica. Actualizado
Fondo Norte Podcast - PontevedraCF.Net
Fondo Norte Podcast - PontevedraCF.Net El Podcast sobre el Pontevedra Club de Futbol de PontevedraCF.Net Actualizado
La Libreta en Radio MARCA
La Libreta en Radio MARCA Todos los lunes, Miguel Gutiérrez "La Libreta de Van Gaal" se pasa por A Diario para analizar cómo se portan los periodistas deportivos. Actualizado
Ir a Fútbol