iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
In The Corner 4i2f1c
Por Radiofusión
91
219
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro 6p4vq
Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro
In The Corner 27 de decembro de 2024
Episodio en In The Corner
Último episodio do 2024 cuns convidados estelares. Jonatan Giráldez, campión de todo con Barcelona, que acaba de chegar dos Estados Unidos onde foi subcampión da liga profesional feminina co Washington Spirit: “Ninguén esperaba que o equipo chegara ás semifinais e competimos facendo méritos para gañar a final. O ano que vén creo que loitaremos con máis garantías polo título”. Seguiulle Nuria Rábano, ex xogadora súa na Gamper, cos que comparte a Liga e a Champions do 2022: Todos os equipos deixan pegada, pero creo que o que máis, pola cantidade de cambios que se deran foi o Dépor”. Outea coruñesa que leva os último catro anos nos Estados Unidos é Laura Cetina. Acaba de rematar o seu periplo pola Division 1 da NCAA con Massachusetts: “Estados Unidos cambioume porque tiven que mellorar o meu fútbol físico, co que puiden combinar as miñas condicións técnicas. Por iso escollín ir logo á Universidade de Massachusetts. Na próxima temporada aínda non decidín o que vou facer, aínda que volver a Europa é unha posibilidade”. Finalmente, o Nadal é época de agasallos e nós escollemos a banda deseñada “Irene, a porteira”, un traballo perfecto para coñecer a biografía desta porteira herculina de hai un século, que acaba de gañar hai seis meses o premio “Tinta de Lura”, con textos de Óscar Losada e deseños de Xulia Pisón. Entrevistamos ao primeiro, que falou de aspectos biográficos da protagonistas e técnicos do traballo. “Facer unha biografía así é un xeito sinxelo de difundir, entre todos os públicos. a vida dunha persoa que sempre me chamou a atención”, salientou o primeiro.
01:20:07
In The Corner 20 de decembro de 2024
Episodio en In The Corner
Noe Gómez, a mellor goleadora do Bergantiños, na campaña da estre das carballesas na Terceira Federación, é a primeira das convidadas no derradeiro episodio de In The Corner do outono. A futbolista valora a súa adaptacíón ao seu equipo e á categoría e escolle o mellor dos dez goles que leva anotados: “Foi o primeiro contra o Lugo, tamén polo que significaba”. Santo Vieitez, un dos nosos analistas, tamén falou do seu libro, “Fútbol femenino. Características diferenciales”. Por último, no apartado de fútbol autonómico, estivo como convidada Isa Vázquez, responsable do Victoria B da Coruña, que valorou os aspectos analíticos do xogo, os obxectivos dun filial “alén dos resultados”, o traballo que se fai no club para que as cousas saian, e puidemos facer unha referencia ás tres xogadoras do B que este ano xa xogaron co primeiro equipo, ademais de facer un pequeno frepaso por nomes da historia do club que foro aos Estados Unidos como Laura Cetina ou Charín.
01:22:12
In The Corner 13 de decembro de 2024
Episodio en In The Corner
Programa 88 de In The Corner coa análise da última xornada ligueira do ano. Tivemos como convidada a Vázquez, a central madrileña do Deportivo B. Aproveitamos o seu pasado no R. Madrid para que tamén nos aportara cousas sobre o inminente partido das branco e azuis contra as merengues na máxima categoría. Sobre a súa estrea na zona noroeste da Terceira Federación falou que o fútbol aquí se vive con outra intensidade. En relación ao sistema do seu equipo desde a súa perspectiva defensiva salientou: “Síntome máis cómoda nunha liña de tres que nunha de catro e con que o equipo teña maior profundidade ofensiva dese xeito”. Aludimos ao Friol e a esa denuncia de hai algunhas xornadas sobre a presenza de Covi Regueiro, sancionada por cinco anos, denunciada pola Bovedana. Aínda se está á espera da determinación do Comité de Competición. No apartado de fútbol autonómica contamos con Sinoé Alves, que nos falou do Lóstrego B, do traballo que veñen facendo en todas as categorías coas xogadoras, d o papel de xogadoras experimentadas coma Ove e do partido do domingo contra O Val, un dos máis interesantes da xornada: “O Val sempre é un equipo difícil, que non só se limita a unha futbolista como Noemi. Vai ser un partido intenso”.
01:23:28
In The Corner 29 de novembro de 2024
Episodio en In The Corner
Marta Rodríguez Cascón, foi a principal convidada do último episodio de novembro de 2024. Con ela conversamos sobre todas as categorías e temas, desde o cese de Irene Ferreras da que dixo: “Puido ser precipitado”, até o seu Victoria coruñés, no que cumpre a segunda campaña. Ela mantén as esperanzas en que o equipo opte a unha posición máis alta porque a temporada é moi longa. Tamén contamos con Nere Lombardero, a futbolista do At. Villalonga, que cun amplo grupo de xogadoras lidera a táboa de goleadoras do grupo I de Segunda Federación: “Creo que é a temporada que máis goles estou metendo. Probablemente é porque me dan máis confianza para tirar”, sinalou. Con Moi campos completamos a información semanal sobre a Primeia División Galega, salientando como partido da xornada o At. San Pedro-O Val.
01:12:09
In The Corner 22 de novembro de 2024
Episodio en In The Corner
Irene Ferreras na picota, Montse Tomé, cuestionada pola nova convocatoria da selección española. Malos tempos para as técnicas. Falar destes asuntos foi o comezo do novo episodio de In The Corner, no que como convidada estivo novamente Bego Aldao, presidenta do Sárdoma, ante o comunicado do Concello de Vigo, no que pretende xustificar a rebaixa da axuda ao club: “A concelleira non mentiu, pero terxiversou as cifras”. No fútbol autonómico, o protagonista foi Manolo Buján, coordinador do Calo, novo equipo na Primeira Galega: “Este é un club arraigado no pobo, que ten tamén un lado cultural. O equipo feminino naceu pola propia esencia da Asociación”.
01:18:35
In The Corner 15 de novembro de 2024
Episodio en In The Corner
No episodio 85 de In The Corner falamos do derbi vigués da pasada xornada, do golpe que pode supoñer para o equipo a derrota en Sárdoma e do que pode supoñer a permuta de David Ferreiro por Mara Jiménez hai tres semanas. Tamén da nova mudanza no banco do Friol. Isabel Martín pasou de ser porteira a exercer de técnica do equipo, e mencionamos a El Yamani, a goleadora de Deportivo B, que xa suma nove dianas e alcanzou á sardomista Albiol na cabeza da táboa. Puxemos unhas pinceladas ás árbitras galegas, con Zulema González pitando o R. Madrid-Barcelona e do Racing de Santander, novo rival do At. Villalonga nun partido que pode decidir as opcións das de Sanxenxo. Para o Deportivo-Espanyol estendemos a alfombra vermella para recibir a unha histórica do club perico: Titi Camúñez. Con ela falamos do seu pasado no club, desde a fundación, e do equipo que poderemos ver o domingo en Riazor: “Desde hai unhas xornadas estamos xogando con tres centrais (...) O principal problema é que precisamos unha xogadora que poña pases para que as nosas atacantes teñan uns contra uns”. No fútbol autonómico, Moi Gómez entrevistou a Uxía Romero. A futbolista do Umia falou do derbi da Lomba, contra o At. Arousana: “Estar fóra do descenso agora non vai cambiar o noso enfoque do partido”. No programa mencionamos o inminente I Congreso de Fútbol Femenino, que terá lugar o próximo 21 e 22 de novembro en Irún.
01:20:53
In The Corner 8 de novembro de 2024
Episodio en In The Corner
O episodio 84 do programa dedicado ao fútbol feminino galego falou da clasificación copeira do Deportivo, do novo partido das pupilas de Irene Ferreras fronte á R. Sociedad, no que milita a galega Lucía Pardo; da importancia das últimas vitorias do At. Villalonga e o novo partido contra o Oviedo, colíder, coa galega Ana Buceta nas súas filas. Canto á xornada do grupo I da Terceira Federación, deuse especial relevancia ao derbi vigués entre o Sárdoma e o Celta. Como convidada estivo Tati Cruz, centrocampista canaria das celestes: “No norte faise un fútbol de máis forza que en Canarias (...) Estou aquí para aportar todo o que me pida o equipo”. Non tanto como para falar do partido, e si da virada de costas do Concello de Vigo ao Sárdoma, falou Bego Aldao, a presidenta do cadro das Relfas, que nesta semana deixou un titular na prensa escrita: “Abocan al Sárdoma a desaparecer y alcalde y concejal serán responsables”. En calquera caso, nun exercicio absoluto de compromiso co fútbol feminino e co club, indicou que irá até o final coas súas xogadoras, das que fixo unha valoración extraordinaria ante a situación que vive o club. No apartado do fútbol autonómico, Moi Campos centrouse no derbi entre Sp. Cambre e At. San Pedro. Unha das protagonistas, Noe Naya, falou no programa: “Moitas comezamos con Óscar Barrientos, que é fundamental no equipo”.
01:17:52
In The Corner 25 de outubro de 2024
Episodio en In The Corner
Episodio número 83 de In The Corner coa presencia de Nuria Gómez, porteira do Celta, que logo do xeu paso do Deportivo ao conxunto olívico valorou o derbi desta fin de semana e falou da situación para lograr a titularidade fronte a Adri e Naiara: “Este ano tiven un problema na pretemporada que me fixo comezar máis tarde. Ademais, teño máis competencia aquí que no Deportivo”. Sobre o seu pasado herculino sinalou que os estudos diminuíron as súas capacidades para estar na dinámica do primeiro equipo, malia que Irene Ferreras contara inicialmente con ela. O Lugo xogará por primeira vez no Ángel Carro.. A noticia tiña que ser salientada e por iso tivemos a Irotxa Rey, a directora deportiva do conxunto da capital amurallada: “Os primeiros que teñen que sentir ao C.D. Lugo son os lugueses. Esperemos que a masa social do club veña ao partido contra o Sporting B. As “sachadoras” están moi ilusionadas”. O Boiro é a revelación da Primeira Galega, pero caeu por primeira vez na pasada xornada. O seu verdugo foi o Domaio. Leticia, unha das capitás do conxunto moañés estivo fechando o programa contándonos as chaves da vitoria e do que pode ser o choque contra o Victoria B herculino: “Creo que fixemos un gran partido, todas estivemos nun bo nivel (...) e esperamos continuar así para derrotar ao Victoria”.
01:03:25
IN The Corner 18 de outubro de 2024
Episodio en In The Corner
Neste episodio tivemos como convidadas a Laura Otero, a dianteira do Deportivo B, que logo do 14-0 ao Romanón afronta o partido da xornada contra o O. León: “Que teñan mecanizados movementos tamén pode favorecer a nosa eficacia no xogo”, sinalou, en canto ao que pode ser o partido e o traballo de anos de Vitolo Santos no banco das “olímpicas”. Eugenia Gil é unha das mellores árbitras españolas. Desde 2019 está na Primeira División feminina, e a pasada foi a súa mellor campaña. Internacional e en Primeira Federación masculina, acaba de recibir un premio de moito prestixio por quen tiña como competidores na Coruña. Falamos diso ademais de tres momentos importantes na súa vida deportiva. Un deles foi a pasada final da Copa da Raíña: “Vivino dun xeito moi especial por se fora a primeira e a última”. Igualmente, contounos o seu vínculo co atletismo e a súa estadía de dous anos nos Estados Unidos. Finalmente, falamos con Vir del Río, unha das técnicas máis salientablesdo ano polos resultados na súa estrea e a do seu equipo, At. San Pedro, na Primeira División Galega. “Cando ía rematar a miña etapa no At. San Pedro pedíronme que collera ao equipo feminino e aquí estamos”.
01:17:00
In The Corner 11 de outubro de 2024
Episodio en In The Corner
O novo episodio de In The Corner terminou por ser moi coruñés e baixo o nome de Iria, dadas as dúas protagonistas entrevistadas. Cunha valoración feito pola deportivista Marina Artero, sobre o Deportivo-Madrid do sábado, a valoración dun partido que devolverá a Riazor a Juanjo Vila, Santi Vieitez analizou a xornada dos galegos no fútbol estatal falando tamén do Pradejón-At. Villalonga e do que se espera na fin de semana no grupo I de Terceira Federación. Un dos partidos, Oviedo B-Victoria da Coruña, deunos pé a ter como convidada a Iria Santos, centrocampista do cadro herculino. O Victoria da Coruña é un equipo capaz de facer dano a calquera dos favoritos e o obxectivo será aspirar a algo inesperado e bonito, como loitar por estar entre na parte alta da táboa. Iria, logo dun ano de ascenso en Avilés, retornou ao cadro da Escalinata, onde deixara as portas abertas de par en par. O equipo afronta unha nova etapa cun novo técnico, que se inicia no fútbol feminino: “Non coñecía de antes a Javi Angeriz e podo dicir que sabe comunicar moi ben o que quere”, sinalou a futbolista nunha parte da charla, valorando o seu benestar no equipo. Baixando un chanzo, salientamos o partidazo desta fin de semana entre entre o Orzán, filial do Deportivo, e o Celta B. Iria Otero, unha xogadora que podería estar perfectamente no Deportivo B, onda xa acumulou uns cantos minutos nas pasadas temporadas e na actual, deixou ben definido como deberá ser o derbi: “A clave do partido estará en non cometer erros, na solidez do equipo desde atrás e en gañar os micruduelos que se produzan durante o xogo”.
01:06:49
In The Corner 4 de outubro de 2024
Episodio en In The Corner
Programa número 80 de In The Corner, no que tivemos como convidadas a Andrea Amil, porteira do Bergantiños, con pasado recente na Queen’s League, que nos falou do seu paso por esa competición, de como ve ao seu novo equipo de cara ao partido contra o Lóstrego e o futuro da escuadra de Carballo na competición: “É un equipo novo que ten que consolidarse”. No apartado de fútbol estatal. Diego Extramadouro valorou o que pode ser a nova xornada para o Deportivo, o At. Villalonga, que recibe ao Europa, favorito para o ascenso, e xornada 4 do grupo I de Terceira Federación. Moisés Campos, encargado da análise do fútbol autonómico, tróuxenos desta vez a Bea Yáñez, do Val, que disputa ao partido da xornada fronte ao líder, Boiro en Sinde-2: “A ver se este ano podemos celebrar o ascenso”. E, para rematar, tratamos con Katy Candal, do Santo Estevo de Abellá, as senrazóns de que este equipo pasara de Segunda Galega a Terceira, ante unha decisión pouco acertada da RFGF: “Avisáronnos que estariamos no grupo con equipos de Ourense e de Vigo dez días antes”.
01:10:47
In The Corner 27 de setembro de 2024
Episodio en In The Corner
O programa 79 de In The Corner analizou a nova xornada para os equipos galegos de fútbol estatal con Santi Viéitez. O analista ve favorito ao Athletic diante do Deportivo e non ve tan claras as posibilidades de ascenso do At. Villalonga. En canto á Terceira Federación, falamos con Gabi Couñago, técnico do Lóstrego: “Se volvemos quedar cuartas valorarán moito máis o noso traballo”. O cadro de Gondomar vivirá este sábado o partido oficial número 100 da súa historia. No fútbol autonómico, a protagonista foi a experimentada porteira do At. Arousana, Beli Sánchez: “Temos un bo vestiario e loitamos para ascender”. A xogadora está moi leda con esta nova etapa no cadro de Vilagarcía e espera que o equipo dea o mellor no partido da xornada que o seu equipo xogará en Boiro. Por último, recuperamos a sección “Galegas na emigración”. Antía Mayo, do Sp. Gijón, inaugurouna. De cara ao partido copeiro da próxima semana, contra o Deportivo, manifestou un desexo: “Oxalá marque un gol como contra o Oviedo”. A ex futbolista do Victoria de Santiago marcou o que será un dos mellores goles da temporada no derbi contra o Oviedo, celebrado na primeira eliminatoria do torneo do KO. O programa sumouse aos parabéns a Radio Fene, que hoxe celebra o seu 40º aniversario.
01:06:44
In The Corner 20 de setembro de 2024
Episodio en In The Corner
In The Corner 20 de setembro de 2024 Novo episodio de In The Corner, analizando as terceiras xornadas do fútbol galego en categorías estatais e segunda na Primeira autonómica. Como destaque, a rolda de prensa de Kevin Cabado, director deportivo do Deportivo feminino, falando das fichaxes, os obxectivos, o límite salarial e a política de cesións: "Tiñamos moi claro cara onde iamos. Fixemos oito incorporacións (...) de perfís moi diferentes”. O Sárdoma - Deportivo B é un dos partidos máis importantes que se xogarán no noso territorio esta fin de semana. Entrevistamos a Judit, do cadro vigués, que na actualidade comparte a cabeza da táboa de goleadoras con outras tres futbolistas. Valorou ao rival, as dificultades dos equipos modestos e o obxectivo do club: “Loitaremos polo ascenso”. No fútbol Autonómico, o derbi entre Umia e o líder, Boiro, trouxo aos micros a Mila Fernández, directora deportiva do cadro barbanzán, que ademais de pendurar as botas dúas veces na parte baixa da parede, para volver a poñelas, falou do seu novo rol e do club e dun hipotético ascenso: “Temos un bo grupo de xogadoras, na xunta directiva non falamos da posibilidade de ascenso”.
01:03:46
In The Corner 13 de setembro de 2024
Episodio en In The Corner
O segundo In The Corner da temporada aproveitou o derbi copeiro entre o At. Villalonga e o Deportivo para entrevistar á herculina Millene, autora do gol que deu o pase ás coruñesas en San Pedro, e a cedida ás celestes polo conxunto branco e azul, Rosalía. A brasileira falou do partido, do que é o comezo da temporada ante equipos como o Barcelona e At. Madrid. Vexo a Primera División como un reto moi bonito na miña carreira. Estou más preparada que cando pasei co Rayo”. No caso de Rosalía, a coruñesa recoñeceu o matiz polo que optou por ir cedida ao At. Villalonga: “A Edu coñézoo desde hai doce años. Asinei aquí sabendo que Edu (González) era o adestrador”. Ángela Otero falou do adiamento do partido entre o Victoria e Parquesol, que non foi a Santiago e rematamos con Sariña, a capitá do Tomiño, que recibe ao Celta B no partido máis interesante da xornada inaugural da Primeira Galega. Este ano a categoría vai ser máis competitiva”.
01:02:58
In The corner 6 de setembro de 2024
Episodio en In The Corner
Esta fin de semana comezan as ligas estatais de fútbol feminino. In The Corner centrouse na análise da mesma, desde o Deportivo-Barcelona até os oito encontros do grupo I de 3ª Federación. No apartado de fútbol estatal, onde contamos como convidadas estiveron a capitá do At. Villalonga, Cata Machado, que en relación ao papel do equipo aposta con valentía para esta campaña: “Todo o que fagamos será un fracaso se estamos por debaixo das tres primeiras”. Tamén contamos con Mery Figueroa, un dos referentes do Celta, que de cara á estrea oficial en Balaídos mantén “xogar en Balaídos fai ter ese nerviosismo bo para que chegue o partido e comezar ben”. Na parte final falamos da celebración dos quince anos do nacemento do Val feminino con Bárbara Grandal, na que estiveron Inma Castañón, Pili Neira e un vídeo de apoio de Lis Franco. O acto reivindicou tamén a creación da liga feminina veterana. Noutra orde, a dirixente valexa manifestou que “moitos equipos estamos en desacordo co novo formato que quere dárselle ás competicións”. O programa, dirixido e presentado por Carlos Castro, ten como colaboradores a Diego Rodríguez (fútbol estatal) e Moi Campos (fútbol autonómico), con Xavier Fernández no control.
01:03:36
In The Corner 10 de xuño de 2022
Episodio en In The Corner
Feche da temporada 2021/22 con boas noticias. Logo de falar da actualidade do Deportivo, coas baixas de Llorente, Adule e a capitá, Alba Merino, falamos con Bego Aldao, presidenta do Sárdoma, que culminou o pleno de equipos galegos posibles na vindeira 2ª RFEF (terceiro chanzo do fútbol español). No fútbol autonómico, entrevistamos a Vicky Vázquez, seleccionadora galega sub'15, que acaba de proclamarse medalla de prata no Campionato de España. Había 37 anos que unha irmandiña feminina non chegaba a unha final. O sitio web fútbolinlugo.es organiza, por segundo ano, o All Star do fútbol lugués 2022. Será na derradeira fin de semana de xuño, en Carballedo. Iván Calaza, un dos organizadores, anticipounos algúns datos do que vai ser, incluíndo o nome dalgunha das futbolistas que van participar no partido entre a selección luguesa do norte e a do sur. A última convidada foi María José López, unha das persoas que máis traballa en España polos dereitos das mulleres deportistas. Con ela falamos do Convenio do fútbol profesional feminino, da brecha salarial, da maternidade, dos plans de igualdade obrigatorios para os clubs con máis de 50 empregados e, en aspectos máis próximos ao acontecido nos últimos meses en Galiza, do valor que teñen as comisións éticas nos clubs e o camiño que poden seguir as futbolistas cando vexan agredidos os seus dereitos.
01:17:12
In The Corner 3 de xuño de 2022
Episodio en In The Corner
Deportivo e R.U. Tenerife xogaron o martes a eliminatoria de permanencia en Segunda División. Foi un todo ou nada do que saíu beneficiado o cadro galego. Horas despois, o cadro herculino decidiu non renovar a Miguel Llorente no banco. Con Paula (Deportivo) e Míriam (R.U. Tenerife) falamos da temporada do conxunto galego, dos problemas internos e do decisivo encontro de Riazor. Tamén aludimos á situación do Sárdoma e as súas posibilidades de estar na próxima campaña na 2ª R.F.E.F. (terceiro chanzo). No fútbol autonómico falamos da derradeira xornada da competición en Primeira Galega, coa segunda praza, e posibilidades de ascenso a Primeira Nacional, do Lugo, así como a salvación do Tordoia. Entrevistamos a Vicky Vázquez, seleccionadora galega sub'15, mimnutos despois do triunfo das irmandiñas sobre Canarias na primeira xornada do grupo B da fase de cuartos de final do Campionato de España que se celebra en Murcia. Por último, tivemos outra vez a Montse Mella, para non esquecer a retención da súa ficha, xunto ás de tres compañeiras máis, por parte do Amio, a inacción da RFGF e o lavado de manos da Secretaría Xeral para o Deporte.
01:14:49
In The Corner 27 de maio de 2022
Episodio en In The Corner
As últimas xornadas en Segunda española e a Primeira Galega, coa incerteza do posible segundo ascenso a Nacional foron obxectos informativos de In The Corner. Cris Oreiro, a técnica do Victoria da Coruña, valorou a temporada do seu equipo. Xoaquín Blanco (Lugo), Andrea Amil, do Bergantiños, e Selenia Blanco, do Tordoia, fixeron o propio ante os partidos decisivos dos seus equipos.
01:12:37
In The Corner 20 de maio de 2022
Episodio en In The Corner
O Deportivo continúa no momento malo da temporada. A súa nulidade ofensiva, xogando o segundo tempo cunha máis, demostrouno contra o Logroño. Agora afronta os seus dous últimos partidos coa esperanza de agarrarse aos postos que lle asegurarían a permanencia. Para chegar ao quinto lugar deberá superar ao Oviedo Moderno, rival na penúltima xornada, no encontro do domingo, ás 11,30, en horario unificado para todo o grupo, non Tensi-1. Entrevistamos a Jito Quintana, que nos deixou a primicia da súa marcha do Umia. Valoramos a temporada das viquingas o o seu prometedor futuro, con futbolistas como Minerva Riveira, aposta persoal do técnico saínte, ou Minerva Bóveda, e a aprendizaxe ao lado de xogadoras experimentadas como Míriam Domínguez. Pere Tobaruela achegounos o que está sendo a Primeira Autonómica e con Martina Soto (Narón O Freixo), Marta Cascón (Amistade Meirás), ambas no estudio, e Noelia Noya (Sp. Cambre), por teléfono, falamos dos ascensos dos seus equipos a Primeira Galega. Joshua Dopico, concelleiro de deportes en Pontedeume, fechou o programa presentándonos a exposición retrospectiva sobre o fútbol feminino na vila eumesa, que se abre este venres e poderá visitarse, de luns a venres, na Casa da Cultura, até o 4 de xuño.
01:13:07
In The Corner 13 de maio de 2022
Episodio en In The Corner
Intenso programa dedicado inicialmente á crise do Deportivo, co récord histórico negativo de Llorente, que en Mareo acumulou a terceira derrota consecutiva do equipo, primeira vez que isto sucede en Segunda División. O outro lado da crise está dentro do vestiario, coas acusación de racismo contra o técnico, que terán que determinar, cando menos en primeira instancia, os mandatarios do club. O terceiro capítulo foi a breve análise do partido contra o Logroño, que vai ter lugar, como o resto dos que falten na casa, en Riazor. O resto do programa tivo que ver con celebracións. Primeiro entrevistamos a Luís Teviñiño, tecnico do Viajes Interrías, para rememorar e valorar o ascenso do seu equipo. A continuación, no apartado de fútbol autonómico, logo do breve repaso á nova xornada, tanto en Primeira como en Segunda (últimas eliminatorias de ascenso), tivemos no mocrófono a Gabi Couñago, técnico do Lóstrego, que xogará na próxima campaña en Primeira Nacional. Finalmente, na sección “as emigradas”, metímonos no autobús do Alhama, de viaxe a Pozobranco, onde pode ascender a Primeira División española, para falar con Andrea Carid, a compostelá que vive outro momento importante da súa carreira co equipo murciano.
01:10:20
Más de Radiofusión Ver más
SONS DE NÓS RadioFusión Lista diaria de música dos países lusófonos.De luns a venres en Radiofusión Actualizado
También te puede gustar Ver más
El Barrilete Cósmico Somos el primer "Spin-Off" de la página "Odio el fútbol moderno". El programa mantiene los valores originales de nuestra página: nostalgia, denuncia y cultura. Porque como dijo Sacchi: "El fútbol es lo más importante de las cosas que no son importantes". ¡Bienvenidos! Actualizado
Tiempo de Juego Tiempo de Juego es el sonido del deporte en la radio: Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño. Sábados y domingos desde el mediodía hasta la 1H de la madrugada. En directo, con el fútbol, el baloncesto, la Fórmula 1 y el tenis. Acompañados de Rubén Martín, Gonzalo Miró, Morientes o Santi Cañizares. Actualizado
¡Cuánto sufrimos, Martín! Un podcast deportivista desde la grada de Riazor. De aficionados y para aficionados del Dépor. Del Deportivo de A Coruña, ¡qué duda cabe! Para no sufrir tu deportivismo en soledad: padecemos como tú, verbalizamos tu desesperación y, si podemos, nos reímos. Arsenio ya explicó todo esto mejor que nadie: "Mucho que decir, poco que contar". :-) Actualizado