Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
In The Corner
In The Corner 11 de outubro de 2024

In The Corner 11 de outubro de 2024 694x3e

11/10/2024 · 01:06:49
0
80
In The Corner

Descripción de In The Corner 11 de outubro de 2024 u726r

O novo episodio de In The Corner terminou por ser moi coruñés e baixo o nome de Iria, dadas as dúas protagonistas entrevistadas. Cunha valoración feito pola deportivista Marina Artero, sobre o Deportivo-Madrid do sábado, a valoración dun partido que devolverá a Riazor a Juanjo Vila, Santi Vieitez analizou a xornada dos galegos no fútbol estatal falando tamén do Pradejón-At. Villalonga e do que se espera na fin de semana no grupo I de Terceira Federación. Un dos partidos, Oviedo B-Victoria da Coruña, deunos pé a ter como convidada a Iria Santos, centrocampista do cadro herculino. O Victoria da Coruña é un equipo capaz de facer dano a calquera dos favoritos e o obxectivo será aspirar a algo inesperado e bonito, como loitar por estar entre na parte alta da táboa. Iria, logo dun ano de ascenso en Avilés, retornou ao cadro da Escalinata, onde deixara as portas abertas de par en par. O equipo afronta unha nova etapa cun novo técnico, que se inicia no fútbol feminino: “Non coñecía de antes a Javi Angeriz e podo dicir que sabe comunicar moi ben o que quere”, sinalou a futbolista nunha parte da charla, valorando o seu benestar no equipo. Baixando un chanzo, salientamos o partidazo desta fin de semana entre entre o Orzán, filial do Deportivo, e o Celta B. Iria Otero, unha xogadora que podería estar perfectamente no Deportivo B, onda xa acumulou uns cantos minutos nas pasadas temporadas e na actual, deixou ben definido como deberá ser o derbi: “A clave do partido estará en non cometer erros, na solidez do equipo desde atrás e en gañar os micruduelos que se produzan durante o xogo”. 13jc

Comentarios de In The Corner 11 de outubro de 2024 56296k

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!
Te recomendamos
Ir a Fútbol