Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
In The Corner
In The Corner 14 de xaneiro de 2022

In The Corner 14 de xaneiro de 2022 2a6b3j

14/1/2022 · 01:04:14
0
63
In The Corner

Descripción de In The Corner 14 de xaneiro de 2022 24r12

Primeiro In The Corner do 2022 con dúas entrevistadas con grandísimo recorrido no fútbol. Unha como xogadora, Natalia de Francisco, con dez equipos desde a súa primeira campaña en El Olivo, na temporada 2004/05, e con éxitos internacionais tamén no fútbol praia. A ourensá é, con nove dianas, o principal referente ofensivo do Viajes Interrías, líder destacado do grupo I da Primeira Nacional, logo que Luís Treviño lle devolvera a confianza que precisaba, como ela recoñece. A outra é Irotxa Rey, delegada do C.D. Lugo, que antes foi xogadora, capitá e directora deportiva da Milagrosa. Nas curiosidades da xornada anterior tiveron repercusión a derrota por dous goles do Deportivo diante do Espanyol, o primeiro triunfo como visitante do Victoria de Santiago co primeiro gol de Anita, as dúas expulsións seguidas de Covi na mesma fin de semana, as derrotas do Deportivo B en Abegondo, así como o que acontece cando non xoga no campo 5, e os cen partidos de Pauleta co S.L. Benfica. O programa contou coa participación de Pere Tobaruela, habitual na análise dos nosos equipos en categorías estatais, e de Bárbara Grandal, especialista no fútbol autonómico. 5jl6v

Comentarios de In The Corner 14 de xaneiro de 2022 3x1l6s

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!
Te recomendamos
Ir a Fútbol