Descripción de In The Corner 25 de febreiro de 2022 731j1q
AEM e Deportivo xogan un dos partidos importantes da xornada do grupo Norte de Segunda División. Igualmente, e na loita pola terceira posición, que podería dar opción a estar na Terceira da próxima campaña, xogarán o domingo o Sárdoma e o Deportivo B en partido de Primeira Nacional. Nerea Cruz e Paula Monteagudo, futbolistas de ambos equipos, cítanse nos micrófonos de In The Corner para falar da previa. Bárbara Grandal deixounos a súa “latiña” coa actualidade do fútbol autonómico, Bibiana Santiso falounos da enquisa que está a facer sobre a situación da muller no fútbol, e da que espera aumentar a mostra coa participación de máis implicadas, e Óscar Losada falounos dun documental sobre Jill Ellis, anterior seleccionadora dos Estados Unidos. 73167
Comentarios de In The Corner 25 de febreiro de 2022 263p19