Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Reportaxes
Reportaxes
Podcast

Reportaxes 712z4z

8
31

Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade. 3w1g3h

Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade.




8
31
Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!
Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!
Episodio en Reportaxes
Con este programa queremos facer memoria. Un pedaciño efímero do feminismo a partir da recollida de sons, ritmos e ideas que atravesaron corpos e lugares o domingo 3 de marzo do 2019, durante a manifestación galega que tivo lugar en Lugo desta volta, e tamén o venres 8 en Ourense, día de folga de coidados, estudantil, laboral e de consumo, así como de celebración, de re-encontros na rúa e de loita, día no que remexerse e pronunciarse de xeito público e colectivo ante as inxustizas, a falta de liberdades e dereitos.
Política, economía y opinión 5 años
1
0
144
01:02:57
Fala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de Ourense
Fala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de Ourense
Episodio en Reportaxes
Dez anos despois da posta en marcha de leis que hoxe seguen sendo avanzadas en materia de xénero, o sistema de apoio e protección das mulleres que sufren violencia machista en Galiza precisa dunha profunda revisión para a análise de todo o que esta fallando en materia de atención, prevención e acompañamento. A situación dos xulgados de violencia (en Ourense inexistente), das sentencias que continúan revitimizando ás mulleres ou dos mecanismos de acompañamento en todo o proceso son nestes momentos alarmante e non estan dando a resposta que as mulleres precisan.A vaga de recortes sociais favorecen ademais a mala calidade dos servizos que deben velar pola atención das mulleres. Falta personal preparado, formado e con experiencia en todos os espazos nos que se disponibilizan recursos para a atención a mulleres que sufren violencia machista. A nivel municipal, nacional e estatal as proclamas sobre a importancia da igualdade e da loita contra a violencia non se traducen en máis recursos e máis persoal cualificado, polo que o avance real das nosas reivindicacións é escaso.
Política, economía y opinión 6 años
1
0
212
29:15
Traballo final “VIVAS NOS QUEREMOS III”
Traballo final “VIVAS NOS QUEREMOS III”
Episodio en Reportaxes
Trátase dun café conversa artellado entre 3 mozas e do que participan 4 compañeiras máis ás que se lles fixeron unha serie de preguntas...  Sen centrarnos nun tema específico, preferimos navegar entre varios. Partimos nun primeiro momento e procurando non reconducir demasiado daquelo que emanase das participantes: agresións e abusos sexuales, voltar a casa soa, o medo, a influencia clave dos medios de “desinformación”, familias e amizades como reprodutoras do medo. Quixemos facer fincapé nas estratexias e fortalezas individuais e colectivas. Escollimos algún dos temas específicos: perspectivas antipunitivas contra as violencias machistas, perspectivas legais e xustiza feminista; masculinidades e violencia, a cuestión dos agresores.. que facemos con eles? Sobre estos lanzamos un par de preguntas concretas, simplemente para coñecer as súas opinións previas sen introducir previamente demasiada información sobre estes aspectos.
Mundo y sociedad 6 años
1
0
42
01:09:24
Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense
Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense
Episodio en Reportaxes
Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental.
Mente y psicología 7 años
1
0
128
25:14
Recuperación e protección dos montes afectados polos incendios.
Recuperación e protección dos montes afectados polos incendios.
Episodio en Reportaxes
Nesta gravación podedes atopar a información básica sobre como recuperar landras e sementes para iniciar el proceso de recuperación dos montes queimados. Tamén aprenderedes a elaborar barreiras vexetaís para protexer as cabeceiras dos ríos.
Ciencia y naturaleza 7 años
2
0
61
29:11
Capítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulación
Capítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulación
Episodio en Reportaxes
Neste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capítulo, vos permita coñecer e defender a cara oculta do termalismo ourensán. As lavandeiras são mulheres que moram nas fontes da Galiza e que se apresentam envurulhadas de uma aura misteriosa. Estas lavandeiras cando estão a lavar convidam a quem a a que lhes torça a roupa. Se a pessoa o faz no mesmo sentido que elas, a ação carrexa-lhe males. Isto ficou associado a forças malignas e mesmo ficaram recolhidas em certas canções tradicionais como eu ei por Vilarinho por Vilarinho cantando as moças de Vilarinho quedam no rio lavando Menina tu es o demo que me andas atentando que no rio, que na fonte sempre te encontro lavando Esta desconfiança pode ter a origem da imagem que se tinha destas mulheres que só desfrutavam de uma parcela de independência e libertade na que criavam um espácio próprio, cousa que representava uma ameaça para os privilégios dos homens. Por isso as acusavam de bruxas e aliadas do demo. AS BAÑISTAS VAN SALVAR OURENSE Segundo contan as crónicas, xa no Ourense medieval non estaba mal considerado pola Igrexa o feito de tomar os baños. As bañistas da cidade non tiñan, polo tanto, un concepto da vergoña tan severo como noutros lares. Tampouco tiñan necesidade de buscar a leña para quentar a auga e os corpos. O termalismo regaloulle a Ourense isto, parte da boa sona do seu pan, industrias como as curtidorías, negocios prósperos como o lavado de roupa e negocios alucinados como a calefacción termal para as familias con posibles. O termalismo foi unha bendición que nos acompaña dende hai 4000 anos. Hoxe, o que promove o Concello, non é termalismo. No que hoxe se invisten millóns de euros é promoción dos bañistas. Onde quedan as industrias do pan (derrubadas polo Concello), onde quedanas casa de baño(derrubadas polo Concello), onde quedarán as lavandeiras e o rianxo. Unha letanía que non para. Por iso, os colectivos agrupados baixo a denominación“Aos comercios, 1920” (ESCUA, AUCE, A.C. Óscar Allos, Radio Liverdade, Kasa Negra, Sustinea, A Bela Auria, MMM, Amigos da Terra, Algaravía, A Galleira e persoas a título particular) promotores de cultura, guías da cidade, coñecedores do patrimonio natural e cultural. Sabedores da riqueza ética e económica que achega á nosa cidade. Preguntámonos Non é termalismo e futuro o pan de Ourense, non é termalismo e turismo un oficio vivo como as lavandeiras (probablemente as últimas de Galicia), non é termalismo e gastronomía o rianxo, non son termalismo os restos arqueolóxicos soterrados baixo cemento. Ou cando queren dicir termalismo, só din BAÑISTAS. Se é así, que o digan as claras. Grazas ao termalismo, en Ourense xa temos tradición de desvergoña. QUE DIGAN: "O FUTURO DE OURENSE, SON AS BAÑISTAS". PEDIMOS: -unha nova política de intervención no BIC das Burgas, máis sensible co patrimonio e cas usuarias. -exposición pública do proxecto da praza de Abastos. -que se aclaren prazos en xeitos de traslado dos lavadoiros da praza de Abastos. -que o Concello requira que a Xunta catalogue a tradición das lavandeiras de Ourense dentro do Catálogo galego de Patrimonio Inmanterial.
Mundo y sociedad 7 años
1
0
127
29:42
Capítulo # 2 - Coñeces as Burgas?
Capítulo # 2 - Coñeces as Burgas?
Episodio en Reportaxes
O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a temperatura da auga. Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón tamén deixar as súas visións do patrimonio histórico das Burgas. Neste capítulo, transmitimos unha das visitas guiadas polo arqueólogo Óscar Penín quen, grazas a súas referencias e anécdotas, evidenciou tanto os aspectos históricos e arqueolóxicos da zona como as problemáticas do seu estado actual e futuro. Unha viaxe que nos conducirá dende a época romana ata os nosos días e na que presenciaremos os distintos acontecementos que fraguaron este emblemático espazo ourensán.
Historia y humanidades 8 años
1
0
81
26:32
Capítulo # 1 - O lavadoiro e a lavandeira
Capítulo # 1 - O lavadoiro e a lavandeira
Episodio en Reportaxes
O LAVADOIRO E A LAVANDEIRA Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas. Así comezou a xornada do 7 de abril 2017, organizada por varios colectivos ourensáns, co obxectivo de descubrir o patrimonio cultural e histórico da zona das Burgas, permitindo así coñecer a zona en todas súas dimensións. Ata as máis descoñecidas. Un equipo de Radio Liverdade os acompañaba, para inmortalizar o evento e dar conta dos sucesos do día. Neste primeiro capítulo, presenciaredes unha conversa entre o equipo de Radio Liverdade e María, unha lavandeira, no formidábel lavadoiro da praza de abastos. Este espazo, tén unha importancia histórica e cultural manifesta. É aínda o lugar onde moitas mulleres no só se reúnen para lavar a roupa, senón tamén para compartir, falar, e afastarse das súas preocupacións da vida cotiá e... dos homes. É preciso avisar ao oínte de que a nosa presenza alterou a atmosfera do lugar e a tranquilidade que proporciona ás súas usuarias. Ao entrar no lavadoiro, invadimos, sen pretendelo, a intimidade das mulleres. Esa da que adoitan desfrutar en compañía e sen intromisións. Neste senso queremos agradecer a María pola súa confianza e evidenciar o feito de que a desaparición do lavadoiro, non só é unha perda dunha parte do patrimonio cultural ourensán, senón tamén a aniquilación dun dos derradeiros lugares públicos onde se preserva a autoridade e intimidade das mulleres, veteranas ou non.
Noticias y sucesos 8 años
2
0
154
28:36
Más de Radio Liverdade Ver más
Efecto Bandua
Efecto Bandua Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende Galiza Actualizado
Lecturas
Lecturas A sección literaria de Radio Liverdade. Aquí compartimos diversas lecturas de poesías, lendas, fragmentos de libros e outras cousas. Actualizado
Alumar a caverna: Filosof I.A
Alumar a caverna: Filosof I.A É unha ferramenta ou somos nós unha ferramenta dela?. É unha das cuestións que se abren durante a conversa sobre a intelixencia artificial na que participan tres profesores de filosofía que son á vez artistas: Iseo Agilda, música; Abraham Rubín, músico e Antonio Fernández Seoane, pintor. Como pode transformar as relacións humanas ou os procesos de creación artística; A acumulación de coñecemento que está logrando a I.A pode derivar na xeración dunha conciencia propia; Empobrece ou enriquece o pensamento ou as relacións humana; Ata onde está xa realmente implantada. Os tres filósofos falan na sala de música da sede da Fundación Vicente Risco de Allaríz facendo luz na caverna. Actualizado
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
Acontece en Ourense
Acontece en Ourense Acontecementos interesantes na cidade ou provincia de Ourense Actualizado
Conexão Feminista
Conexão Feminista Bate papos feministas entre duas amigas (e convidados eventuais!) Actualizado
Ir a Mundo y sociedad