iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Radio Manoplas 1v68j
Por Radio Manoplas
59
121
Podcast, mellor falangullo, emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. Podedes escoitar todos os podcast na web: http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas 52142b
Podcast, mellor falangullo, emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. Podedes escoitar todos os podcast na web: http://alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas
5x5 #RadioManoplas: Alberte Cea Rodríguez
Episodio en Radio Manoplas
O quinto entrevistado da quinta tempada é Alberte Cea Rodríguez. Naceu no seo dun fogar da Coia tradicional. Medrou nunha familia de "clase obreira con conciencia de clase" nos anos de expansión do polígono. Na súa casa lembran como superaron o intento de expulsión do territorio: a súa nai e outras veciñas mobilizáronse diante da Falanxe para defender o dereito a permanecer no barrio, logrando así unha vivenda nos novos bloques de edificios. Alberte destaca a importancia da formación na mellora das condicións de vida da xente. Estudou Pedagoxía, tendo moi presentes as ferramentas que dota esta disciplina para transformar a sociedade. Tras diversas experiencias laborais, encamíñase no terreo da orientación laboral, sector que viu medrar e desenvolverse nestes anos. Unha tarefa profesional ao servizo das persoas, que afronta cunha ollada comunitaria e na que pula por incorporar a tecnoloxía ao servizo da xente. Un pracer escoitar a sensibilidade coa que fala. Alberte saben quen son os seus e desde acompaña e apoia as persoas que buscan emprego. Pechamos a conversa cun tema da banda Manic Street Preachers titulado "If You Tolerate This Your Children Will Be Next". +info: radiomanoplas.org
36:30
5x4 #RadioManoplas: Irene Esperón Rodríguez
Episodio en Radio Manoplas
A cuarta entrevista da quinta tempada é Irene Esperón Rodríguez. Irene naceu e medrou en Marín, pero aos trece anos chegou a Vigo, onde reside. Chega recomendada pola anterior entrevistada, Conchi, coa que comparte tarefa no seminario de comunicación en situacións difíciles que realizan co alumnado de Enfermaría. Desde cativa lembra ter sempre facilidade para escoitar, e fixo deste don a súa profesión tras estudar Psicoloxía en Compostela. Traballa como psicóloga clínica no CHUVI, en concreto no ámbito dos coidados paliativos, que son os encargados de aliviar o malestar das persoas que teñen doenzas sen cura. Na súa experiencia profesional obtivo valiosos aprendizaxes, como que “o final da vida é unha etapa moi de verdade” ou que “as persoas que morren ben, en paz, son as persoas que fixeron da súa vida o proxecto que quixeron”. Na conversa dáse unha fermosa coincidencia entre entrevistada e entrevistador: Marina, monxa dominica que fixo barrio e comunidade en Coia. Irene acompañouna no final da súa vida, cando Marina era paciente oncolóxica. O compromiso de Marina, e de Mar, superou o impacto do cancro nunha loita que mellorou o benestar das pacientes de oncoloxía e que Irene lembra con moito agarimo. É un luxo escoitar a profesionais e persoas coma Irene, cheas de saber, delicadeza, sensibilidade e fondura. Despedímonos con Silvio Rodríguez: Irene escolleu o tema “Tocando fondo” para pechar o falangullo. Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na web > http://alicerces.arkipelagos.net
33:51
5x3 #RadioManoplas: Conchi Estévez Villar
Episodio en Radio Manoplas
A terceira entrevista da quinta tempada é Conchi Estévez Villar. Conchi estudou Enfermaría en Compostela. En Portugal atopou emprego ao rematar a carreira, como tantas da súa xeración. Daqueles anos lembra ter adquirido a necesidade de formarse para ser unha profesional máis competente. Lembra tamén a importancia do grupo, da comunidade como sostén fronte á dureza da tarefa. Especializada en saúde comunitaria e con ampla experiencia laboral en pediatría, onde desempeñou tarefas de supervisora no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Desde 2019 é profesora na Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro. Xunto con Irene Esperón, iniciou un seminario para o alumnado sobre comunicación en situacións difíciles, no que, a través do role playing, se abordan os acompañamentos máis axeitados. Na parte final da entrevista falamos de ASEIA, onde Conchi é presidenta, “unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias”. En 2025 organizan a décima edición das Xornadas de ASEIA, que levan por título: A vulnerabilidade das infancias e adolescencias: entre o risco e a oportunidade. Que gusto escoitar a profesionais como Conchi, que nos despide co tema "Perfect day" de Lou Reed. +info e episodios en alicerces.arkipelagos.net
38:15
5x2 #RadioManoplas: Mari Mar Revuelta Álvarez
Episodio en Radio Manoplas
A segunda entrevistada da quinta tempada é Mari Mar Revuelta Álvarez. Mari Mar naceu en Turón, na cunca mineira de Asturias, en 1944. Con 18 anos ingresou na congregación das Dominicas da Anunciata. Eran tempos de transformación na Igrexa: Concilio Vaticano II, Teoloxía da Liberación... e foi nas Dominicas onde Mar construíu unha vida para e coas xentes de abaixo. A súa vida relixiosa levouna por Bilbao, Brasil, Portugal e Coia (Vigo), onde leva vivindo desde hai máis de tres décadas. No Brasil, participou activamente no Movimento Sem Terra (MST), anos nos que unha parte da loita consistía en tomar a terra dos fazendeiros para aquelas familias privadas dos mínimos para a vida. Mar atopou alí unha Igrexa apegada á vida das persoas máis empobrecidas, que se organizaba en comunidades eclesiais de base. O tempo no Brasil rematou por motivos familiares e, en 1990, destinárona a Vigo. Na parroquia do "Cristo da Vitoria" de Coia atopou unha organización semellante á que ela vivira no Brasil. Mar encontrou acubillo nesta comunidade, onde viviu xunto a persoas como Marina ou Carmen. O seu compromiso levouna a participar no grupo IMÁN, na ODS-Coia, na loita na rotonda de Coia... cun modo de estar marcado sempre pola firme defensa da dignidade e dos dereitos das máis empobrecidas. Pechamos a conversa agradecendo a súa constancia, a firme defensa da xustiza e o agarimo que acompañan o facer de Mari Mar. A despedida musical é unha peza que leva por título "Canto do barrio" e que, polo momento, só poderedes escoitar asistindo a algunhas das celebracións que se fan na parro. Escoitade na web: http://alicerces.arkipelagos.net e nas prinicipais plataformas de podcast.
35:22
EXTRA #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico"
Episodio en Radio Manoplas
Compartimos contido adicional do faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Tras pechar a parte "formal" da sesión, continuamos unha conversa aberta co público. Esta segunda parte non foi gravada cos micros, senón cun dispositivo TASCAM. Durante estes 30 minutos extra, escoitamos a Ian, Marta, Inma e Ramiro reflexionar sobre temas como a familia, o sistema educativo, as relacións interxeracionais e a importancia de tecer un tecido asociativo rico. Un espazo de intercambio que nos convida a xerar comunidades fortes e a construír alternativas ao malestar que provocan as nosas sociedades. +info: http://alicerces.arkipelagos.net
29:11
5x1 #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico"
Episodio en Radio Manoplas
Iniciamos a quinta tempada de Radio Manoplas co faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Inma, Ramiro, Ian e Marta compartiron con xenerosidade as súas reflexións e experiencias diante dunha sala da “parro” ateigada de xente. O encontro xirou arredor do malestar emocional e do papel que as comunidades desempeñan na súa xestión. Nunha hora de conversa, as convidadas abordaron unha chea de temas: a importancia de ser comprendidas, de permitirnos tempos de adaptación, de crear espazos e momentos para acompañar ás persoas que sofren, de afrontar medos e limitacións, de apostar pola formación continua... Sen dúbida, estas reflexións resoarán tras a escoita. Foi unha tarde moi enriquecedora, na que, en lugar de ofrecer solucións rápidas, centrouse a ollada en tecer relacións sólidas e en crear comunidades que coiden o benestar de todas as súas integrantes, con independencia dos momentos que estean a atravesar ou das súas condutas. Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en > http://alicerces.arkipelagos.net e nas principais plataformas de podcast.
58:10
4x13 #RadioManoplas: Dixtinta, Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas
Episodio en Radio Manoplas
Pechamos a cuarta tempada conversando con Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas, socias de Dixtinta. María e Itziar abríronnos as portas de Dixtinta, a imprenta dixital que rexentan desde o verán de 2022. A María o negocio vénlle de familia xa que medrou na imprenta familiar. Itziar pouco coñecía deste sector, mais a precariedade laboral e a procura de novos camiños xuntárona con María. Debullamos con elas os inicios do negocio, as dificultades, os apoios, o futuro... Até o momento a valoración que fan do camiño é satisfactoria. Dende o principio, tiveron claro que o traballo era só unha parte máis das súas vidas. Por iso, estableceron límites como horarios definidos e fomentaron unha relación baseada no diálogo entre ambas. Sen dúbida, Dixtinta é o lugar ideal para imprimir en case calquera superficie, ofrecendo unha atención personalizada onde a clientela sempre é escoitada. Non dubidedes en visitar o local, situado en Coia, na rúa Martín Echegaray 19, ou ar a través da súa páxina web (imprentadixtinta.es) para recibir asesoramento sobre os vosos proxectos. Agradecemos que existan persoas como Itziar e María que pulen por negocios coma este. Despedímonos coa música de Laura Itandehuia que interpreta "Yo no necesito de mucho". Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na web: http://alicerces.arkipelagos.net
25:34
4x12 #RadioManoplas: "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas"
Episodio en Radio Manoplas
O duodécimo programa da cuarta tempada é un faladoiro gravado con público en A Morada, titulado "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas". Compartimos o audio da conversa que tiveron Sergio, Eva e André o pasado xoves 21 de novembro en A Morada. Tres persoas cunha conexión profunda co sistema de protección: André foi tutelado desde os 5 anos, pasando por distintos centros de acollida; Eva e Sergio teñen unha ampla experiencia traballando en casas de familia e seguen implicados no sistema. Eva traballa actualmente nun centro especializado en saúde mental para rapazada tutelada pola Xunta, mentres que Sergio coordina o programa "En Familia", un proxecto de acollemento familiar que ofrece fogar a nenos, nenas e adolescentes tutelados. Nunha hora de conversa, debullaron con fondura o funcionamento do sistema de protección, poñendo sobre a mesa asuntos como as eivas e áreas de mellora, as feridas emocionais das crianzas, o papel das familias-tribo-comunidade no seu benestar, a transición á vida adulta e a necesidade de afecto... entre moitos outros. Foi unha xornada emotiva, chea de ideas e propostas para mellorar a vida destas infancias e adolescencias tuteladas, onde a implicación da comunidade-tribo-sociedade é fundamental. +info: http://alicerces.arkipelagos.net
01:10:26
4x11 #RadioManoplas: "A bandeira vermella"
Episodio en Radio Manoplas
O undécimo programa da cuarta tempada é un especial titulado "A bandeira vermella". Recuncamos cunha nova historia sobre Coia. Guiadas pola voz de Noa Covelo Lores, achegámonos a comprender como unha das tantas parroquias rurais da cidade transformouse -en moi pouco tempo- nun barrio ateigado de cemento e torres de edificios. En pouco máis de oito minutos percorremos as loitas e resistencias dunha veciñanza que aprendeu que a mellor forma de enfrontarse aos abusos dos poderosos era xuntarse para crear vida en común. Guión e información adicional en http://alicerces.arkipelagos.net/4x11-radiomanoplas-bandeira-vermella Botádenos unha man escoitando e difundido este falangullo!
08:49
4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo
Episodio en Radio Manoplas
A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo. Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear un fogar protector, onde o sentido da xustiza estaba sempre presente. Familia na que a creatividade e a arte acompañan a moitas das súas integrantes. O noso entrevistado lembra con orgullo que foi el quen levou aos seus pais á parroquia do Cristo da Vitoria, onde quedaron abraiados coas "emilías", nas que se falaba de loitar polas persoas máis vulnerables e de facer comunidade para mellorar a vida do barrio. Foi nese espazo onde Sergio e as súas compañeiras coincidiron cun dominico novo, con experiencia no traballo con infancia en situación de risco, que os animou a comezar a xuntarse con crianzas e adolescentes da zona. Así, sen sabelo, estaban facendo traballo de educación de rúa, coa orientación e alento de Juan. Durante a súa etapa universitaria, Sergio recibiu a oportunidade de traballar acompañando a esa mocidade, para máis adiante, xa con Ana, comezar a vivir nunha casa de familia para crianzas tuteladas pola Xunta de Galicia. Daquelas experiencias, Sergio aprendeu que "o máis profesional de todo é a mirada de afecto", a sensibilidade e a intención de estar presente por e para eles. Tras traballar en diferentes entidades sociais, hoxe coordina o programa "En Familia", un proxecto de acollemento familiar para nenos, nenas e adolescentes que viven en centros de protección e non dispoñen de alternativas familiares. Rematamos a conversa coa música de Jorge Drexler, nesta ocasión interpretando "Guitarra y vos". Botádenos unha man compartindo este proxecto que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: http://alicerces.arkipelagos.net
36:58
4x9 #RadioManoplas: "O híper de Coia"
Episodio en Radio Manoplas
O noveno programa da cuarta tempada é un especial titulado "O híper de Coia". Neste episodio, mudamos o formato habitual de entrevistas para contar unha pequena historia. A través da voz de Noa Covelo Lores, adentrámonos no relato sobre o "híper" de Coia. En pouco máis de catro minutos, non só repasamos a historia da súa instalación no barrio, senón que tamén exploramos a conexión do Alcampo co parque de A Bouza. Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas --- GUIÓN: O "HÍPER" DE COIA Antes das 9 da mañá, é habitual ver a decenas de persoas arremuiñarse ás portas do "Híper". O “Híper" así lle chamamos moitas veciñas e veciños de Coia ao Alcampo. Supoño que o nome quedou de cando a palabra "hipermercado" aínda non era tan común para moitas de nós. O Alcampo de Coia abriu as súas portas en novembro de 1981, converténdose no primeiro hipermercado de Galiza. Detrás del está a familia Mulliez, unha das máis ricas do planeta. Son tamén os propietarios de marcas que seguramente che soan, como Decathlon, Leroy Merlin ou Kiabi. Co paso dos anos, o "Híper" pasou a ser un lugar de referencia para a xente do barrio, unha especie de praza do pobo, aínda que privatizada e pensada para o consumo. Moitas veces pregúntome por que segue a ter tanto magnetismo. Será porque aparece sempre entre os supermercados máis baratos do Estado? Pode que sexan os baixos prezos, si... mais eu prefiro pensar que hai algo máis. A historia do Alcampo non foi sen polémica. Todo comezou o 20 de maio de 1980, cando o Concello de Vigo concedeu a licenza para construír un centro comercial na parcela 247 do polígono. Aquela decisión non foi ben recibida por todas, e non sen razón. Os informes técnicos de urbanismo foron desfavorables. A construción excedía amplamente os límites legais, pero iso non detivo o proxecto. O "Híper" abriu as súas portas e empezou a funcionar con normalidade. Non foi ata 1984, cando a Audiencia Territorial da Coruña anulou a licenza, dando a razón á Asociación de Veciños de Coia e ao Movemento Cidadán da parroquia do Cristo da Vitoria. Mais a sentenza chegou tarde. O Alcampo nunca pechou, e segue aí, facendo caixa, sobre o que fora o vello Turreiro de Coia. E aquí está o gran contraste. Onde antes había leiras, pequenos comercios, un palco, árbores que formaban parte da vida comunitaria da antiga parroquia de Coia, agora hai cemento. Un troco que, para moitas persoas, supuxo o final dun modo de vida. A loita veciñal non puido evitar que o "Híper" se fixese realidade, pero deixounos importantes leccións. Leccións que, anos despois, serviron para salvar A Bouza. Como di Antón Lois, aínda que pareza un milagre, o mérito é máis humano que divino. A Bouza é unha das poucas zonas húmidas que sobreviven en Vigo, grazas á mobilización veciñal que se enfrontou a unha absurda permuta municipal que pretendía converter ese espazo natural en terreos para construír máis edificios. Hoxe, moitas de nós fachendeamos de barrio e podemos dicir con orgullo: A Bouza é nosa! Un espazo que simboliza a loita e a resistencia dun pobo que non se rendeu, e que segue a coidar da súa terra. - - - +INFO: - O 'híper' de Coia fai 40 anos, Diego Lores Correa (12/11/2021) > https://praza.gal/opinion/o-hiper-de-coia-fai-40-anos - El día que todo cambió para el comercio gallego, Jorge Lamas (22/05/2024) > https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2024/05/21/dia-cambio-comercio-gallego/0003_202405V21C8991.htm - "Toponimia de Coia" con Iván Sestay > https://www.youtube.com/watch?v=iPaEZXt8-aw - "A Bouza xa é nosa" > https://www.youtube.com/watch?v=uc0GlCu3Kxc
04:20
4x8 #RadioManoplas: Esther Lora Rodríguez
Episodio en Radio Manoplas
A octava entrevistada da tempada é Esther Lora Rodríguez. A nosa avogada favorita pasa polos micros de Radio Manoplas. Filla de Antonia (Cádiz) e José (Bouzas). O traballo no mar do seu pai condicionou a vida familiar, José pasaba a maior parte do ano embarcado. Esther lembra a Antonia "facendo todo", tamén recorda gozar do seu pai o pouco tempo que estaba en terra. Desde pequena facían vida na "parro" e na adolescencia incorpórase en "O Modaco", colectivo ecoloxista do barrio. Na comunidade cristiá do Cristo da Vitoria coñeceu a persoas e viviu experiencias que condicionarían, para ben, a persoa que hoxe é. Marcha a Compostela a estudar Dereito, coa idea de ser avogada. Un mundo no que atopou o seu lugar no mundo, desde o que defender os dereitos e a xustiza das empobrecidas. Consciente do sufrimento e dor que provocan a miseria e precariedade na vida das persoas, leva máis de dúas décadas ofrecendo o seu saber, e compañía, a aquelas que máis sofren e coas que outras non queren traballar. Malia que sexa "unha pringada que cobra pouco" Esther é unha desas "catro gatas" que nos xulgados e nas rúas está sempre preto das que máis sofren. Despedimos estes minutos con "Nómadas" de Los Chikos del Maíz. +info: http://alicerces.arkipelagos.net
30:33
4x7 #RadioManoplas: Noa Covelo Lores
Episodio en Radio Manoplas
A sétima entrevistada da tempada é Noa Covelo Lores. Infancia e adolescencia feita a medio camiño entre Ponteareas e Vigo, en concreto en Coia. Familia primeiro e logo amizades vinculan a Noa a un barrio onde pasou pola escola infantil “Rosalía de Castro” e polo instituto. En Ponteareas, vila onde moitas familias coma a dela marcharon na procura de vivenda accesible, entrou en o co teatro nas actividades extraescolares. Estudou bacharelato de artes no “Coia 2” para logo dar o salto á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) onde cursou Interpretación. Gozou dun Erasmus en Lisboa durante a súa etapa de estudante que pecha con “#camiños”. Na presentación -feita en 2018- desta obra parece que atopamos un adianto da vida de Noa: “camiños que unen as aldeas coas ciudades. Os poemas de Rosalía coa música electrónica. O spinning co churrasco. As fotos viradas sepias coas que acabamos de colgar no Facebook”. Tras anos de diversos traballos precarios Noa marcha un ano a Nova York para ampliar a súa formación artística da man das prestixiosas bolsas Fulbright. Até Brooklyn chegou para se formar en danza, nunha escola que segue o método impulsado por Rudolf von Laban. Un gusto escoitar a Noa falar de arte, da súa vida que sen dúbida pode inspirar moitas outras. Pechamos coa súa recomendación musical, nesta volta cun tema de Rusowsky que leva por título "mwah :3". Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO.
32:00
4x6 #RadioManoplas: Marisa Andrade Pérez
Episodio en Radio Manoplas
A sexta entrevistada da tempada é Marisa Andrade Pérez. Veciña da Coia, foi testemuña da transformación da vella parroquia no polígono de vivendas. A construción do novo barrio levou por diante as formas de vida dos seus habitantes. As leiras convertéronse en lameiras durante un tempo, a moitas familias expropióuselle a vivenda, mentres o espazo enchíase de edificios e de novos poboadores. Un trauma para moitas que foron as perdedoras do "progreso". Os inicios do barrio estaban marcados polas carencias, ante isto parte da veciñanza, organizada ao redor da parroquia, xuntouse para rabuñar melloras. Marisa implicouse nesas loitas que deron froitos como o parque de A Bouza. No profesional dedica gran parte da súa carreira a ser profesora galego, moitos anos nun dos institutos do barrio: o "Coia 2". Co tempo chegou a ser directora do mesmo. Marisa agora xubilada lembra o bo equipo de profes cos que traballou nun centro etiquetado durante moito tempo como conflitivo. Antes de deixarnos con ”Tempestades de sal" de Sés, Marisa fala de como lle gustaría afrontar os anos da súa vellez. +info: http://alicerces.arkipelagos.net
25:48
#RadioManoplas: Especial "Nuno entrevista a Diego"
Episodio en Radio Manoplas
Programa especial gravado en directo nunha escola do barrio. Nesta ocasión o entrevistador fai de entrevistado, Diego responde ás preguntas de Nuno. O luns 6 de maio cargamos coa mochila de Radio Manoplas para montar o equipo na clase de 4º de primaria do CEIP Escultor Acuña. Alí gravamos este especial en directo e con público. Nuno (9 anos) fixo de entrevistador e Diego mudou de lugar, nesta ocasión foi el o que tivo que responder sobre as orixes de Radio Manoplas, sobre os seus gustos, deportes e moito máis. Este programa especial permite coñecer algo mellor á persoa que acostuma facer as preguntas en Radio Manoplas deixando de manifesto que hai relevo. Coma sempre pechamos con música, desta volta cun tema de Eddi Circa titulado "La fiesta del patrón". +info: http://alicerces.arkipelagos.net
04:09
4x5 #RadioManoplas: Lara Boubeta Bamio
Episodio en Radio Manoplas
A quinta entrevista da tempada é Lara Boubeta Bamio. Esta canguesa comezou a xogar ao fútbol cos veciños nas rúas da vila, alí foi onde coñeceu a Maruchi. Unha "muller marabillosa" que lle amosou que o fútbol era tamén das mulleres. Lara inicia en fútbol sala, pero pronto fáiselle pequeno e pasa a xogar fútbol once. O Mundial gañado pola selección española feminina trouxo cambios, mais lembra como ela e a maioría de compañeiras padeceron moreas de insultos por darlle patadas a un balón. Lara é mestra de Primaria no Morrazo e forma parte da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia. Docente inqueda que expresa en iniciativas coma Diverxentes, "canle de Youtube de peques diverxentes do CEIP San Roque de Darbo para compartir contidos LGBTIQA+ en galego" ou no Instagram @sempre_estou_aprendendo onde comparte materiais en galego para so seu uso en aulas da primaria. En 2023 publica "Xe", libro ilustrado por Sara Valcárcel, que conta a historia do nacemento dun bebé que é unha incógnita. O conto provoca unha reflexión sobre o xénero e a intersexualidade, sendo un texto pioneiro en literatura infantil en galego. Para pecharmos esta conversa Lara déixanos con ”Semente de vencer" de Sés unha peza que lle da forzas para afrontar as dificultades da vida. +info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679
29:14
4x4 #RadioManoplas: Andrea Nunes Brións
Episodio en Radio Manoplas
De Coia a Compostela para conversar con Andrea Nunes Brións. Nada en Marín, nunha familia chea de cultura onde literatura e música tiñan moita presenza. Andrea lembra o impacto -sendo unha rapaza- que lle provocou escoitar “Corazón Coraza” de Benedetti, versos que están nos inicios da súa querenza pola poesía. Andrea practicou baloncesto de xeito destacado. Iniciou de cativa nun equipo de Marín para logo xogar no Arxil e nas seleccións galega e española. Acostuma contar, en sesións sobre gordofobia, que sempre foi gorda mais iso nunca foi atranco para estar en boa forma física e destacar neste deporte. Abandona o baloncesto coa chegada a Compostela para estudar Filoloxía Hispánica. Remata os estudos, e tras varios empregos, inicia a súa andaina en diferentes universidades da China. Alí pasou sete interesantes anos que pechou co traslado a Venecia para seguir traballando na universidade. Pecha etapa co retorno a Compostela onde da clases a rapazada da ESO nun centro da cidade. Andrea cre “moito no poder do colectivo”, para ela “o acto poético é un acto moi íntimo, pero por que non compartilo con outras persoas” o cal queda de manifesto na súa obra e, sobre todo, na súa vida. A palabra tenrura aparece ao pensar en Andrea, unha desas persoas que puxan con beleza por liberarnos de opresións e privilexios. Despedimos a entrevista con ”Voz das amigas" de Leilía, peza coa que Andrea lembra á finada Lola Ferreiro. +info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679
43:31
4x3 #RadioManoplas: Silvia Penas Estévez
Episodio en Radio Manoplas
A persoa que estrea o rocho de Eduardo como estudo é Silvia Penas Estévez. Veciña de Balaídos, moi preto de Citroën onde traballaba o seu pai. Logo do primaria estudou no "Coia 2" e máis tarde -tras moitas dúbidas- fixo Filoloxía Galega. Título que posibilitou anos de traballo como docente en diferentes ámbitos, mais a súa vida tiraba máis polo arte. Na súa web atopamos como presenta o seu traballo que: "ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica e outros formatos de poesía volátil ou efémera, de incorporar a palabra poética ao corpo a través da voz". Ten varios libros publicados, premios e moitas horas no escenario, gran parte delas con Cinta Adhesiva proxecto que comparte con Jesús Andrés. O seu traballo destaca pola "intensidade" así como polo coidado da posta en escena, do vestiario -herdanza do traballo materno-, do son... Na conversa Silvia explica como foi a súa vivencia co galego e tamén explica as dificultades de vivir da cultura. Un pracer falar con Silvia, unha das voces máis singulares do panorama artístico en língua galega. Para rematar despedimos a entrevista con "Beach house" de Myth. +info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679
30:49
4x2 #RadioManoplas: Especial "Falan as presas"
Episodio en Radio Manoplas
O segundo programa da cuarta tempada é un especial que leva por título "Falan as presas". Nos meses de febreiro e marzo de 2024 fixemos entrevistas a catro persoas que viven ou viviron privadas de liberdade en prisións galegas. Tres homes e unha muller que falaron sobre a vida na cadea e sobre as consecuencias dese paso. A muller está xa en liberdade, un deles está en terceiro grao no CIS "Carmen Avendaño" e os outros dous cumprindo condena en prisións galegas. Tres das conversas celebráronse no piso que a pastoral penitenciaria de Vigo ten na cidade o cal facilita o cumprimento de permisos para persoas sen -ou con escasos- vínculos fóra da prisión e a outra fixémola no barrio de Coia. Agardamos que esta pequena peza sirva para animar a que máis xente preócupese pola vida das persoas privadas de liberdade. A música deste programa a pon Dous co tema "Danza del que espera". Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en http://alicerces.arkipelagos.net/node/679
09:24
4x1 #RadioManoplas: María Reimóndez Meilán
Episodio en Radio Manoplas
A entrevistada coa que iniciamos a cuarta tempada é María Reimóndez Meilán. Nada en Lugo, mais os estudos de Tradución e Interpretación a trouxeron a Vigo onde reside desde hai anos e na que di encaixar moi ben. Dende cativa comezou a escribir alentada pola súa nai. A escrita é fundamental na súa vida, lembra que nos seus inicios xa estaba a pulsión por contar historias de vidas pouco representadas na literatura. A constancia, a organización e o traballo explican a súa gran produción literaria, moita da cal dirixida ao público infanto-xuvenil. María entende a escrita como un modo de participación na sociedade e nela reflicte asuntos vitais para as nosas vidas: feminismo, defensa do territorio, diversidade sexual, etc. En "Furia" a protagonista práctica boxeo deporte que para María "é algo que vertebra a miña vida". Alén da morea de estereotipos que o rodea para ela o boxeo é un lugar seguro onde destaca a concentración e a constancia dun deporte que "só podes aprender en comunidade". De pequena a María dicíanlle que parecía india e accidentalmente a vida a conectou co sur da India. Visita con regularidade ese territorio coa vontade de intervir -é fundadora da ONG Implicadas no Desenvolvemento- na erradicación da pobreza das comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto no grupo das mulleres. Pechamos a entrevista cun tema da gran Mercedes Peón que leva por título: "Deroran". +info: http://alicerces.arkipelagos.net/node/679
32:52
También te puede gustar Ver más
Viernes Conmigo 🌟 Esto no es solo un podcast. Es una cita contigo cada viernes. En Viernes conmigo, Mónica Plaza abre las puertas a conversaciones íntimas, divertidas y llenas de estilo con personas que marcan tendencia dentro y fuera de la moda. Diseñadores, artistas, referentes y almas libres que inspiran con lo que hacen… y con lo que visten. 💬 Moda, vida, emociones y un toque de magia.🎙️ Relájate, escucha y disfruta. 🗓️ Cada viernes, una nueva historia. Suscríbete y forma parte de esta comunidad con estilo propio. Actualizado
Informativos Rádio FilispiM, 93.9FM Novas producidas polo grupo de traballo de informativos de Rádio FilispiM, emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol no 93.9 FM e vía streaming en http://opaii.blogspot.com Actualizado
Brechas Brechas, "Historias para acompañarnos", es un proyecto del área de comunicación del Centro Sira. Aquí encontrarás el relato de algunas de las personas que acompañamos desde la entidad: personas afectadas por distintas violencias, en momentos históricos y contextos diversos, que han hecho de la palabra un acto de resistencia y defensa. Actualizado