Descargar APP gratis en APP Store 691o1w
Descargar APP gratis en Play Store
29/05/2025
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No...
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe de Aula Saúde A Estrada imos falar dalgunhas das estratexias de prevención destinadas á poboación adulta. Centrarémonos sobre todo no calendario de vacinación e no cribado do cancro de cérvix, con Marta Viqueira Fidalgo, matrona e Rosa García Moroño, enfermeira familiar e comunitaria, do noso Centro de Saúde da Estrada.
🔊“O cancro de cérvix é o cuarto cancro máis frecuente entre mulleres a nivel mundial, sendo o virus do papiloma humano o responsable de practicamente a súa totalidade”.
🔊“O motivo desta estratexia preventiva está xustificado polas complicacións asociadas ó Herpes Zóster. A máis frecuente e significativa é a “neuralxia postherpética”, que pode aparecer como unha dor constante ou unha dor punzante e intermitente na rexión afectada”.
🔊“As persoas que recibiran algunha dose dos preparados anteriores (contra o Herpex Zóster) tamén son susceptibles de revisión por se é necesario completar a vacinación”.
📢 O cancro de cérvix é o cuarto cancro máis frecuente entre mulleres a nivel mundial, sendo o virus do papiloma humano o responsable de practicamente a súa totalidade.
Ademais é una das neoplasias malignas nas mulleres que se poden controlar máis eficazmente mediante programas de detección precoz e tratamento das lesións precursoras, é dicir, cando non son cancro no momento do diagnóstico.
Por este motivo, no 2018, a OMS fixo un chamamento os diferentes países para que se adopten medidas destinadas a eliminar o cancro de colo uterino e colaboren no ás tres intervencións esenciais para prevención: a vacinación contra o virus do papiloma humano, a detección precoz con probas cribado e o tratamento adecuado do cérvix.
✅1. Vacinación contra o virus do papiloma humano (VPH)
As vacinas do VPH teñen a capacidade potencial de previr o 71 % dos cancros cervicais no mundo. Esta vacina formaba xa parte do calendario de vacinación infantil en mulleres novas no SERGAS. A partir do 2022, introduciuse a vacina na poboación infantil masculina para todos aqueles nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2010. A inclusión desta vacina nos nenos baséase en que unha porcentaxe importante da enfermidade lle afecta ao home, asociándose ao desenvolvemento de cancros orofarínxeos e anais.
Deste xeito, recibirán de maneira sistemática unha dose de vacina contra VPH ós 12 anos.
💡En poboación adulta, estaría indicada tamén a vacinación cunha dose en mulleres nacidas a partir do 1 de xaneiro do 1994 e varóns ata os 21 anos nacidos a partir do 1 de xaneiro do 2006. Ademais hai unha serie de condicións que implican risco adicional para algunhas persoas polo que estaría tamén indicada e financiada a vacinación; en caso de dúbida o máis útil sería consultalo coa matrona ou enfermeira de familia.
✅2. Detección precoz con probas de cribado
As vacinas fronte ao VPH serven para previr a infección do VPH, por este motivo é crucial a existencia dos programas de detección precoz.
No 2019 a carteira de servizos común do SNS, estableceu que todas as comunidades inicien un novo programa prevención poboacional coa procura do virus do papiloma humano de alto risco como proba primaria (substituíndo así a citoloxía) nas mulleres sans dos 35 aos 65 anos, e mantendo a citoloxía nas mulleres sans entre os 25 aos 34 anos.
💡Para as mulleres sans entre os 25 os 34 anos, realizarase a citoloxía cada 3 años coa sua matrona do Centro de saúde. É una proba sinxela na que se toma una pequena mostra de células do cérvix e se mandará ó laboratorio para ser analizada. Para o resultado, a matrona deixará una cita coa muller para informar do mesmo.
💡Para as mulleres sans entre os 35 os 65 anos, realizarase a detección do Virus do papiloma de alto risco cada 5 años. Dende o SERGAS, por medio dun mensaxe de texto do móbil ou por carta, enviará una invitación para realizar dito programa. Nesta invitación a muller poderá elixir se desexa recoller ela a mostra na casa, cun método sinxelo, ou citarse coa su matrona para realizar a proba. O resultado enviarase por mensaxe.
No caso de que exista un resultado anormal (lesión na citoloxía ou infección activa polo VPH), non sempre significa que exista un cancro. En moitos dos casos son cambios leves ou infeccións transitorias que poden desaparecer solos ou que requiren dun seguimento máis cercano. Si é necesario, realizaranse probas complementarias para entender mellor a situación e ofrecer o seguimento ou tratamento adecuado. Se teñen dúbidas, poden
ar coa súa matrona do centro de saúde para que lle poidan guiar.
⚠️E como medidas xerais que toda muller debe levar a cabo para previr o cancro están:
✅ O uso de preservativo e non fumar.
✅O consumo de tabaco está considerado como factor de risco para a persistencia da infección polo VPH, así como para o desenvolvemento do cancro cervical.
⚠️O herpes zóster, máis coñecido entre a poboación como a “culebrilla”, é unha enfermidade cutánea que se produce por unha reactivación do virus da varicela que quedou latente no noso organismo . É moi frecuente na poboación adulta, arredor do 70% dos casos ocorren en maiores de 50 anos; polo que dende fai 2-3 anos se vén desenvolvendo no SNS e máis concretamente no SERGAS unha estratexia de vacinación na poboación adulta.
O motivo desta estratexia preventiva está xustificado polas complicacións asociadas ó Herpes Zóster. A máis frecuente e significativa é a “neuralxia postherpética”, que pode aparecer como unha dor constante ou unha dor punzante e intermitente na rexión afectada, pode persistir máis alá dos 3 meses tras a curación do herpes. Esta dor pode empeorar polas noites ou cos cambios de temperatura e incluso pode chegar a ser incapacitante. Outra complicación tamén frecuente é a afectación ocular, cando o herpes aparece en rexións próximas ós ollos podendo chegar incluso a poñer en perigo a vista.
⚠️A estratexia de vacinación da que vimos falando, consiste na istración de 2 doses da vacina contra o herpes zóster separadas 2 meses. Na actualidade, o SERGAS financia esta vacina na poboación que cumpre 65 anos e na poboación que cumpre 80 anos.
A maiores, hai determinados factores e enfermidades que supoñen un risco maior de padecer o herpes zóster (asma, diabetes mellitus, enfermidade renal crónica, epoc), polo que existen consideracións específicas de vacinación en determinados supostos de risco. O máis útil en caso de dúbida sería consultar coa enfermeira de familia se entramos ou non na financiación da vacina.
⚠️A outra vacina que forma parte do calendario de vacinación do adulto é a vacina contra o pneumococo. A importancia desta vacina radica na gran variabilidade de patoloxías que pode provocar esta bacteria, pasando por infeccións do tracto respiratorio superior leves ata pneumonías graves que precisen hospitalización. A vacina contribúe na diminución da enfermidade pneumocócica invasiva contribuíndo así na redución do uso de antibióticos e
as súas resistencias.
Esta vacina ten unha longa traxectoria no SERGAS, xa que se comezou a súa
istración no ano 2000, naquel momento utilizábase un preparado diferente ó que estamos utilizando hoxe en día, e as pautas fóronse modificando ó longo dos anos. Neste caso é prioritario coñecer as diferencias entre a vacina antipneumocócica e a vacina antigripal, xa que moita xente tende a pensar que son o mesmo. A vacina antigripal actúa contra un virus e ístranse vacinas de maneira estacional (campaña de vacinación) mentres que a vacina antipneumocócica actúa fronte a unha bacteria e agora
mesmo a pauta consta de unha única dose ós 65 anos. Con todo isto, segue habendo casos con risco aumentado que son susceptibles de ser vacinados e ademais as persoas que recibiran algunha dose dos preparados anteriores tamén son susceptibles de revisión por se é necesario completar a vacinación. O adecuado sería revisar cada caso en particular polo que unha vez máis sería interesante consultar coa enfermeira de familia.
🚑Máis Información CENTRO DE SAÚDE DA ESTRADA.
https://observatoriosaudepublica.sergas.gal/es/atopa-saude/centro-de-salud-de-estrada
👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN
✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221
🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍
📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://ivoox.librosgratis.biz/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
👉Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas